Calendario de actos pola Memoria Histórica en Cedeira

cedeira

Exposición «Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen»

O vindeiro venres 1 de abril, ás 19.00 horas, organizado pola «Asociación López Bouza» e coa colaboración da «Asociación Memoria Histórica Democrática», inaugúrase no Centro Cívico de Caranza a Exposición «Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen».

Vídeo “Galegos en Mauthansen” de Xosé Abad e Sandra García Rey.

As fotos corresponden a: Joaquín Castiñeiras Díaz, Antonio Cendán Rodríguez, Marcelino Pardal Pouso,,Vicente Criado Gabeiras e Félix López Soto, Pastor Ramón García Seoane e Francisco Gómez Igrexas (Non dispomos de fotos de Luís Rafales Lamarca, e de Manuel Pontes Palmeiro).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Sábado 14 de novembro, «El triángulo azul»

«El triángulo azul», a obra escrita por Laila Ripoll e Mariano Llorente, dirixida pola autora que se estrea o sábado 14 de novembro no Pazo da Cultura de Narón. A produción do Centro Dramático Nacional é unha homenaxe aos máis de 7.000 republicanos españois que acabaron en Mauthausen (10.000 en todos os campos), desposuídos da súa nacionalidade polo réxime franquista e entregados aos alemáns polo xeneral Pétain despois de fuxir a Francia.

EL TRIANGULO AZUL

Calendario de «Actos pola República»

Xa está dispoñible o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos anos en torno ao 14 de abril. Este ano baixo o nome de «Actos pola República», estimamos contar coa vosa presenza:

8 de abril, ás 20.00 horas, inauguración da exposición «Galegos en Mauthausen» no Pazo da Cultura de Narón, estará aberta até o día 20 de abril Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)

13 de abril, ás 21.00 horas, coloquio republicano, no Campus Universitario de Esteiro, seguido da cea de confraternidade ás 22.00 no comedor do campus. Os vales da cea custan 25 euros, reservas e máis información nos teléfonos 669 621 687 e 673 205 295

14 de abril, ás 12.00 horas, desprazarémonos até Cedeira para unirnos á homenaxe e ofrenda floral que os veciños e veciñas da vila organizan na Praza da Revolta ante o monolito adicado aos presos do campo de concentración e os represaliados e represaliadas pola ditadura franquista. Acto organizado por Memoria Histórica Democrática.

18 de abril, proxección do documental «As misións pedagóxicas» e posterior coloquio, no café-teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estes actos organizados por Memoria Histórica Democrática coa colaboración do Concello de Narón

Visita este blogue ou a nosa páxina para atopar cambios de última hora nas actividades programadas.

Agardámosvos, Saúde e República!

Descarga e difunde o cartaz das actividades (PDF)

Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)

Presentada en Fene a Exposición «Galegos en Mauthausen»

Premer na foto para ver a galería

A mostra está aberta na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende o día 10 até o vindeiro 24 de xaneiro en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Fene Cidadán

Praza.com

Diario de Ferrol

Presentado o libro «Galegos en Mauthausen»

Premer na imaxe para ver as fotos do evento

Cheo absoluto o rexistrado  na conferencia e presentación do libro «Galegos en Mauthausen» , feito polo historiador Enrique Barrera, secretario da As. Memoria Histórica Democrática. O acto foi presentado por Julio Iglesias, Alcade da Vila de Ares, a continuación interviu Enrrique Barrera, quen fixo un longo pero a vez breve percorrido por este campo de concentración, falou de como era a vida e os traballos desenvolvidos polos galegos. O historiador quixo facer especial énfase en como lograron estes presos sobrevivir grazas a solidariedade amosada entre eles, deste xeito quixo trasladar ao momento de crise actual que vivimos este sentimento, e apelar a solidariedade de tod@s.

Acto seguido tomou a palabra Ana María Sánchez, representante en Galicia da asociación Amicale de Mauthausen, que contou a morte do seu avó, aparte dalgúns detalles de como viviron estes presos o longo encerro, vexacións e penurias.

Dende a Asociación Memoria Histórica Democrática damos as grazas a tod@s os asistentes/as, a Asoc. Amicale de Mauthausen, aos concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño, Monfero, a Deputación de A Coruña, e en especial a EAF Produccións, a Asoc. Cultural Fuco Buxán co-promotor destas xornadas, e ao Concello de Ares na figura do seu Alcalde Julio Iglesias, que en todo momento puxo todos os medios cos que conta o Concello ao noso dispor.

”Homenaxe aos nosos veciños en Mauthansen»

Onte dimos comenzo a dobre xornada de actos en homenaxe dos «Ferrolterráns no Campo de Concentración de Mauthansen”.

A xornada daba comenzo ás 19:00 h.  na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” sobre o Campo de Concentración Nazi, logo proxectouse a documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (Feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey).
A continuación (20:00 h) partimos cara ao Parque Rosalía de Castro, no que inauguramos o monumento ”Homenaxe aos nosos veciños en Mauthansen”. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.
Ambos actos estiveron cargados de emotividade debido a presenza de familiares de presos. Ao acto asistiron os Alcaldes de Ferrol e Fene (do grupo Popular), aparte de Julio Iglesias, Alcalde de  do Concello de Ares (polo PSOE), a quen correspondeu acompañado de Ana María Sánchez Alcubierre, representante en Galicia da “Asociación Amicale de Mauthansen” de descubrir a Placa conmemorativa.
Como era de agardar a sala de exposicións quedouse pequena para acoller a tanta xente, un fallo non imputable a ninguén, neste senso aclarar co Alcalde de Ares puxo ao noso dispor toda a infraestrutura e loxística coa que conta actualmente o Concello.

Hoxe, venres, 27 de xullo, ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.

Premendo nas fotos poderedes ollar a galería de imaxes correspondente

Vídeo “Galegos en Mauthansen” de Xosé Abad e Sandra García Rey.

Listaxe dos presos en Mauthansen

Ares Arias, Víctor Manuel- (Ares), Casal Chao, Juan José- ( Fene), Castiñeiras Díaz, Joaquín- (Ortigueira), Criado Gabeiras, Vicente- (Ferrol), Cendán Rodríguez, Antonio- (Ferrol), Fernández García, Manuel- (Mugardos), García Seoane, Pastor Ramón – (Ferrol), Gómez Iglesias, Francisco- (Miño),  López Castro, Félix -(Ferrol),  López Yáñez, Alfonso- (Ortigueira),  Montero Cotos, Francisco- (Mugardos),  Morgade Feal, Jesús- (Mugardos), Pardal Pouso,  Marcelino- (Ferrol),  Pena Losada, José Andrés- Mugardos), Pereira Pérez, José- ( Mugardos), Pontes Palmeiro, Manuel- (Ferrol), Rafales Lamarca, Luis- (Ferrol),  Romero Rebón, Carlos- (Ares),  Sanmartín Fernández, Bernardo- (Monfero), Villar Piñón, Manuel- (Cedeira),  Permuy Pérez, José Manuel- (A Capela).

Homenaxe de Ferrolterra «Os nosos veciños en Mauthansen».

O vindeiro xoves, 26 de xullo, terá lugar a Homenaxe «Os nosos veciños en Mauthansen».

Ás 19:00 h. comezarán os actos dá homenaxe na «Casa dá Xuventude» de Ares, coa inauguración dá «Exposición Fotográfica» e Proxección dá documental «Galegos en Mauthansen» do Director Xosé Abad, (a duración é de 15 m.) feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey.

Ás 20:00 h. no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a inauguración do monumento conmemorativo. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.

O venres, 27 de xullo

Ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de «Alianza Aresana», esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá «Asociación Amicale de Mauthansen», e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá «Asociación Memoria Histórica Democrática».

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro «Galegos en Mauthansen».

Organizado por: Concello de Ares, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Asoc. Cultural Fuco Buxán,
coa colaboración de: Deputación de A Coruña, Asoc. Amicale de Mauthausen, EAF Produccións, e os Concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño e Monfero.

Conferencia, Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Celebrada no Café Teatro do Auditorio de Narón, a conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio abordou o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Enrique Barrera

Conferencia , Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Conferencia , Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Conferencia; Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Mañá, xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, no Café Teatro do Auditorio de Narón, terá lugar unha conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio tratará o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Para realizar esta investigación, que xa dura case dous anos, Enrique Barrera botou man dos arquivos de Mauthausen, nos que os nazis apuntaban o lugar e data de nacemento de cada recluso, e lles asignaban un número de identificación. Tamén escudriñou rexistros municipais e realizado un amplo labor de campo, con entrevistas aos descendentes vivos. Algúns descoñecían que os seus parentes había estado en campos de exterminio, outros seguen vivindo en Francia.

Hoxe publican un artigo no xornal La Voz de Galicia, non puden por ligazón pois non sae publicada na edición web.

Muere el último gallego de Mauthausen

De Ferrol a Mauthausen