Mesas redondas na quincena da república

Mesa redonda -A recuperación da memoria en Ferrol

Mesa redonda “A recuperación da memoria en Ferrol”

Nela participaron,Enrique Barrera. Profesor, Investigador da historia de Ferrol durante a II República, a ditadura e a transición. Eliseo Fernández. Investigador especializado na historia do movemento obreiro e do anarquismo en Galicia e Ferrol. Bernardo Maíz. Doutor en Historia Contemporánea, Catedrático de Ensino Medio. Investigador da historia de Galicia e Ferrol durante a República e a Ditadura. Manuela Santalla. Profesora, Doutora en Xeografia e Historia. Investigadora da historia de distintos movementos sociais de Ferrol no S.XX. Xosé Manuel Suárez. Mestre, Doutor en Xeografía e Historia. Investigador da historia de Ferrol durante a guerra civil e a ditadura.

Moderou: Guillermo Llorca, Profesor e historiador.

 

Mesa redonda: “Memoria e Democracia”

Mesa redonda: “Memoria e Democracia”

Nela participaron,José Antonio Martín Pallín. Maxistrado emérito do Tribunal Supremo. Colaborador de Amnistía Internacional e da Comisión Internacional de Xuristas en misións de investigación sobre dereitos humanos en Latinoamérica e Palestina. Premio Nacional de Dereitos Humanos en 2006. Carlos Teijo García. Profesor de Derecho Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Doutor en Ciencias Políticas e Dereito. Susana Alaniz, uruguaia afincada en Ferrol, colabora coas asociacións Nais e Familiares de Presos Políticos e con Nais e Familiares de Detidos e Desaparecidos, ambas de Uruguai. Moderadora: Carmen Fernández Casanova, Catedrática de Historia Contemporánea da UDC.

 

Mesa redonda: “O contexto actual no proceso de recuperación da memoria"

Mesa redonda: “O contexto actual no proceso de recuperación da memoria”

Nela participaron,Carlos Agüero. Investigador en filosofía, Coordinador da Oficina Non Gubernamental de Atención a Vítimas da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Dirixe o Proxecto de investigación “Nomes e Voces”, e é o investigador principal en varios proxectos que teñen como temática o franquismo no ámbito galego, estatal e internacional. Xosé Lois Vilar. Historiador e arqueólogo, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.
Moderou: Virxinia Salvo, xornalista

 

 

 

 

 

Mesa redonda “Muller e memoria”

Mesa redonda baixo o título “Muller e memoria”.

Nela participaron Aurora Marco, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC; Mary Nash, catedrática de Historia Contemporánea na Universidad de Barcelona e presidenta e fundadora da Asociación Española de Investigación en Historia de Mulleres, e María Jesús Souto, doutora en Historia Contemporánea na USC e especializada na estudo da represión franquista.

Moderarou: Sari Alabau, concelleira de EU.


Anuncios

“Memoria de Helena e María”, de Teatro do Atlántico.

Enmarcada dentro dás  Xornadas da Memoria en Ferrol

“A verdade nunha man pechada. Ferrol recuperando a memoria”

Presentación da obra teatral “Memoria de Helena e María”, de Teatro do Atlántico.

Organizado por;

Concello de Ferrol-A.C. Memoria Histórica Democrática-A.C. Fuco Buxán

Tertulia sobre a obra “Memoria de Helena e María”, de Teatro do Atlántico.

A obra enmárcase nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia,e unha parella de namorados,Helena e Manuel

O comezo da guerra de 1936 levaría a Manuel á fronte republicano, e a perder a súa vida.
Á morte de Manuel, Helena, á súa viúva, queda na vila, coa súa filla pequena, María,filla de ambos.
Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características dá tal herdanza e as consecuencias da súa conservación.

Autor: Roberto Salgueiro
Dirección: Xúlio Lago
Escenografía: Rodrigo Roel
Son: Fran Pérez
Iluminación: Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Actrices:
Helena: LUCÍA REGUEIRO
María: MARÍA BARCALA