fotos asociación

Antonio Ares Abelleira “Toñito o da guerrilla´´(álbum)

Presidente de honra da ASS.Memoria Histórica Democratica. Pontedeume 1915 -Ferrol 2007. Con tres anos veu para Ferrol, facéndose zapateiro.Un irmán seu, José Ares, foi fusilado ao comezar a guerra civil. Tras uns contactos iniciais cos anarquistas, ingresa nas JSU (Juventudes Socialistas Unificadas)máis tarde no Partido Comunista. Tras a Guerra Civil participa na reconstrución clandestina do PCE en Ferrol e é detido nunha ampla redada. Foi xulgado nun Consello de Guerra (causa 75/46) e condenado a 4 anos no penal de Burgos, saíndo ós dous indultado. Os 3 meses participa novamente nas tarefas de oposición política. Foi responsable de axitación e propaganda na ANFD (Alianza Nacional de Forzas Democráticas), organismo unitario da oposición clandestina e ao mesmo tempo un activo enlace dos guerrilleiros, dándolles comida e apoio loxístico. Detido e xuzgado novamente en Consello de Guerra (causa 156/51)sendo condenado a 7 anos
__________________________________________________________________________________________

Presos no CASTELO DE San Felipe no ano 1934   (álbum)
Entre eles Antonio Fernandez Mourente, (tío do presidente da nosa asociación)
_______________________________________________________________________________
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática é pioneira no uso de tecnoloxías de xeoradar para a localización de restos humáns, coa colaboración da Universidade de Vigo. Nas imaxes, unha das xornadas de localización das foxas na praia de Vilarrube, no concello de Valdoviño.
_______________________________________________________________________________

Monumento ás vítimas da represión franquista. O Val. Narón

Inauguración do monólito en lembranza ás vítimas da represión franquista, na parroquia naronesa de O Val. Este acto foi o colofón do I Congreso da Memoria, celebrado en decembro de 2003.

(álbum)

_______________________________________________________________________________

Ataque ao monumento ás vítimas da represión franquista. O Val. Narón

Imaxes do estado no que quedou o monólito adicado ás vítimas da represión franquista na parroquia naronesa de O Val, días despois da súa inauguración. No lugar foran asasinados en 1936 os tripulantes do acoirazado “España”.

(álbum)

_______________________________________________________________________________

Foxas comúns no cemiterio de Serantes. Ferrol

(álbum)

________________________________________________________________________________


Una respuesta to “fotos asociación”

  1. angeles Says:

    Quiero encontrar a mi abuelo,enterrado en Valdoviño,sé que es dificil pero pido ayuda


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: