O ceo volveu chorar por Amada García

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Hoxe o ceo volveu chorar como fai case todos os día 27 de xaneiro. A nosa asociación, en colaboración coa A.C. Fuco Buxán, acompañaron á familia da mugardesa Amada García na homenaxe a esta, e cunha lembranza para todas as mulleres e homes represaliad@s polo fascismo.

O acto tivo lugar no castelo de San Felipe, ao finalizar este, fomos facer unha ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, lugar onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s polos fascistas.


Iniciou o acto Enrique Barrera, que dedico unhas palabras a Amada García, e recordou como a república trouxo consigo uns avances en pro da igualdade. Seguidamente, interveu José Torregrosa, que nos puxo a todos o corazón nun puño coas súas palabras. En último lugar, a neta de Amada, que leva o mesmo nome da súa avoa, agradeceu a todos os alí presentes a súa asistencia, e desculpou a ausencia do seu pai, Gabriel, que non puido asistir por motivos de saúde.

Homenaxe as mulleres represaliadas polo Franquismo, na figura da mugardesa Amada García.

O vindeiro domingo, 27 de Xaneiro, ás 12:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.

Presentada en Fene a Exposición “Galegos en Mauthausen”

Premer na foto para ver a galería

A mostra está aberta na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende o día 10 até o vindeiro 24 de xaneiro en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Fene Cidadán

Praza.com

Diario de Ferrol

EXPOSICIÓN GALEGOS EN MAUTHAUSEN, NO CONCELLO DE FENE

O vindeiro xoves, 10 de xaneiro, ás 20 hs, a Asociación Memoria Histórica Democrática en colaboración co Concello de Fene, celebran a Exposición fotográfica:

GALEGOS EN MAUTHAUSEN

No acto de inauguración da exposición, terá lugar unha Conferencia-debate sobre o Campo de Concentración e de exterminio Nazi de Mauthausen, a mesma será impartida polo profesor, historiador e membro da nosa Asociación; Enrique Barrera

Casa da Cultura de Fene, Avda de Conces nº 20, Fene 

HORARIOS DE VISITA:

Dende o 10 ao 24 de Xaneiro, de luns a venres, mañás de 10:00 a 13:00 horas, e tardes de 16:00 a 21:00 horas, os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.