Presentado o libro “Galegos en Mauthausen”

Premer na imaxe para ver as fotos do evento

Cheo absoluto o rexistrado  na conferencia e presentación do libro “Galegos en Mauthausen” , feito polo historiador Enrique Barrera, secretario da As. Memoria Histórica Democrática. O acto foi presentado por Julio Iglesias, Alcade da Vila de Ares, a continuación interviu Enrrique Barrera, quen fixo un longo pero a vez breve percorrido por este campo de concentración, falou de como era a vida e os traballos desenvolvidos polos galegos. O historiador quixo facer especial énfase en como lograron estes presos sobrevivir grazas a solidariedade amosada entre eles, deste xeito quixo trasladar ao momento de crise actual que vivimos este sentimento, e apelar a solidariedade de tod@s.

Acto seguido tomou a palabra Ana María Sánchez, representante en Galicia da asociación Amicale de Mauthausen, que contou a morte do seu avó, aparte dalgúns detalles de como viviron estes presos o longo encerro, vexacións e penurias.

Dende a Asociación Memoria Histórica Democrática damos as grazas a tod@s os asistentes/as, a Asoc. Amicale de Mauthausen, aos concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño, Monfero, a Deputación de A Coruña, e en especial a EAF Produccións, a Asoc. Cultural Fuco Buxán co-promotor destas xornadas, e ao Concello de Ares na figura do seu Alcalde Julio Iglesias, que en todo momento puxo todos os medios cos que conta o Concello ao noso dispor.

Anuncios

Una respuesta to “Presentado o libro “Galegos en Mauthausen””

  1. Presentado o libro “Galegos en Mauthausen” Says:

    […] Presentado o libro “Galegos en Mauthausen”  memoriahistoricademocratica.wordpress.com/2012/07/28/present…  por gelo hai 2 segundos […]


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: