Vídeo “Resumo das Actividades no 2016”.

Documental e Coloquio “O Piloto”, o día 20 de Maio no Pazo da Cultura de Narón

IMG-20160513-WA0000

A Asoc. Memoria Historica Democrática, coa colaboración da AVV de Pazos, convidan á proxección da documental

“O Segredo da Frouxeira”
(EDAF Produccións, dirección: Xosé Abad)

Ao remate do mesmo terá lugar un Coloquio sobre a documental,  dirixido polo Historiador  e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera

Sábado 14 de maio, ás 19,30 hs, na Asoc. Veciñal de Pazos
(Carretera de Pazos s/n, Ferrol)

O Segredo da Frouxeira

Coa colaboración da AVV de Pazos, dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas.

Próximos actos:

20 de maio: Narón, 19 h. Café Teatro do Pazo da Cultura: Documental “O Piloto”

Calendario de actos pola Memoria Histórica en Cedeira

cedeira

Actos para o 14 de abril

Plataforma pola República– Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns acontecidos dende a II República ata hoxe.
Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa.
– Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.

“Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España” en Narón

5O Mércores, 13 de abril de 2016, a Asociación Memoria Histórica Democrática” convida a toda a cidadanía á “Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España” , e demáis asasinad@s pola súa defensa da liberdade, do progreso social e da legalidade Republicana.

Ás 17 hs. no monolito de homenaxe no Cemiterio de O Val (Narón)
Ás 17,30 hs. na fosa común do Cemiterio de San Mateo de Trasancos (Narón)

Organizan:

Asoc. Memoria Histórica Democrática, Terra Galega e Esquerda Unida de Narón. Colabora: Concello de Narón.

Conferencia “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”.

O vindeiro xoves, día 7, ás 19,00 horas.  no Centro Cívico de Caranza, terá lugar unha conferencia de Enrique Barreira,  (historiador e membro da Asociación Memoria Histórica Democrática) que tratará sobre os “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”. Todo isto coincidindo coa Exposición que coa mesma temática organiza la “Asociación López Bouza” coa colaboración da nosa asociación.

Exposición “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”

O vindeiro venres 1 de abril, ás 19.00 horas, organizado pola “Asociación López Bouza” e coa colaboración da “Asociación Memoria Histórica Democrática”, inaugúrase no Centro Cívico de Caranza a Exposición “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”.

Vídeo “Galegos en Mauthansen” de Xosé Abad e Sandra García Rey.

As fotos corresponden a: Joaquín Castiñeiras Díaz, Antonio Cendán Rodríguez, Marcelino Pardal Pouso,,Vicente Criado Gabeiras e Félix López Soto, Pastor Ramón García Seoane e Francisco Gómez Igrexas (Non dispomos de fotos de Luís Rafales Lamarca, e de Manuel Pontes Palmeiro).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Comunicado

A piques de pechar este ano 2015 e con fondo pesar recibimos a nova do pasamento de Leonardo Couceiro, home da nosa compañeira Beatriz Rascado.

Leo acompañounos durante todos estes anos nas moitas e moi diversas actividades que desenvolveu a Asociación, sempre á beira de Bea, dando soporte e transmitindo tranquilidade a todo o colectivo co seu carácter afable e discreto.

Era ese carácter o que o facía de Leo unha desas persoas verdadeiramente insustituíbeis, que non se fan notar cando nos arroupan coa súa presenza; pero que son as primeiras ás que botamos en falla precisamente porque notamos a súa ausencia.

Leo, alá onde esteas agora xa te botamos en falla, non te esquecemos.

 

Sábado 14 de novembro, “El triángulo azul”

“El triángulo azul”, a obra escrita por Laila Ripoll e Mariano Llorente, dirixida pola autora que se estrea o sábado 14 de novembro no Pazo da Cultura de Narón. A produción do Centro Dramático Nacional é unha homenaxe aos máis de 7.000 republicanos españois que acabaron en Mauthausen (10.000 en todos os campos), desposuídos da súa nacionalidade polo réxime franquista e entregados aos alemáns polo xeneral Pétain despois de fuxir a Francia.

EL TRIANGULO AZUL