Documental e Coloquio «O Piloto», o día 20 de Maio no Pazo da Cultura de Narón

IMG-20160513-WA0000

A Asoc. Memoria Historica Democrática, coa colaboración da AVV de Pazos, convidan á proxección da documental

“O Segredo da Frouxeira”
(EDAF Produccións, dirección: Xosé Abad)

Ao remate do mesmo terá lugar un Coloquio sobre a documental,  dirixido polo Historiador  e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera

Sábado 14 de maio, ás 19,30 hs, na Asoc. Veciñal de Pazos
(Carretera de Pazos s/n, Ferrol)

O Segredo da Frouxeira

Coa colaboración da AVV de Pazos, dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas.

Próximos actos:

20 de maio: Narón, 19 h. Café Teatro do Pazo da Cultura: Documental «O Piloto»

Conferencia “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”.

O vindeiro xoves, día 7, ás 19,00 horas.  no Centro Cívico de Caranza, terá lugar unha conferencia de Enrique Barreira,  (historiador e membro da Asociación Memoria Histórica Democrática) que tratará sobre os “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”. Todo isto coincidindo coa Exposición que coa mesma temática organiza la “Asociación López Bouza” coa colaboración da nosa asociación.

A odisea do vapor Bou Ramón

Organizada polo Concello de Ares e a Asociacion Memoria Democrática, tivo lugar a homenaxe aos republicanos fuxidos o 21 de xullo de 1939 a Francia no Vapor «Bou Ramón».

Ás 11:00 hs. tivemos a presentación do acto, que correu a conta de Julio Iglesias, (Alcalde de Ares), este deu paso ás conferencias impartidas por Eliseo Fernández e Enrique Barrera, (Historiadores da Memoria) que contaron a fuga, travesía, e destino dos fuxidos cando chegaron a terras galas.

Ás 17:00 hs. fíxose unha charla aberta aos asistentes, entre os que se encontraban varios familiares dos fuxidos. Posteriormente, o actor Roberto Leal (fillo dun dos fuxidos) e o músico Víctor Aneiros, deleitáronnos cunha actuación artística.

Como remate desta xornada, as 20:30 hs. inaugurouse un monumento de homenaxe á odisea do Bou Ramón, obra do escultor Miguel Couto.

75 Aniversario da fuxida no vapor Bou Ramón

75 Aniversario do Bou Ramón

Calendario de «Actos pola República»

Xa está dispoñible o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos anos en torno ao 14 de abril. Este ano baixo o nome de «Actos pola República», estimamos contar coa vosa presenza:

8 de abril, ás 20.00 horas, inauguración da exposición «Galegos en Mauthausen» no Pazo da Cultura de Narón, estará aberta até o día 20 de abril Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)

13 de abril, ás 21.00 horas, coloquio republicano, no Campus Universitario de Esteiro, seguido da cea de confraternidade ás 22.00 no comedor do campus. Os vales da cea custan 25 euros, reservas e máis información nos teléfonos 669 621 687 e 673 205 295

14 de abril, ás 12.00 horas, desprazarémonos até Cedeira para unirnos á homenaxe e ofrenda floral que os veciños e veciñas da vila organizan na Praza da Revolta ante o monolito adicado aos presos do campo de concentración e os represaliados e represaliadas pola ditadura franquista. Acto organizado por Memoria Histórica Democrática.

18 de abril, proxección do documental «As misións pedagóxicas» e posterior coloquio, no café-teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estes actos organizados por Memoria Histórica Democrática coa colaboración do Concello de Narón

Visita este blogue ou a nosa páxina para atopar cambios de última hora nas actividades programadas.

Agardámosvos, Saúde e República!

Descarga e difunde o cartaz das actividades (PDF)

Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)

EXPOSICION E CONFERENCIA GALEGOS EN MAUTHAUSEN, NO CONCELLO DE AS PONTES

O vindeiro luns, 18 de Febreiro, ás 20 hs, na Sala de Exposicións da Casa Dopeso (As Pontes), inauguramos a Exposición «GALEGOS EN MAUTHAUSEN», coa tamén proxección do documental de Xose Abad co mesmo nome (duración: 15 minutos).
A DURACIÓN DA EXPOSICIÓN É DO 18 DE FEBREIRO ATA O 11 DE MARZO

LUNS 18 DE FEBREIRO
20:00 horas, Lugar: Sala de Exposicións da Casa Dopeso

  • Inauguración da exposición fotográfica: “GALEGOS EN MAUTHAUSEN”
  • Proxección do documental de Xose Abad co mesmo nome (duración 15 minutos).

XOVES 28 DE FEBREIRO
20:00 horas, lugar: Salón de Actos da Casa Dopeso

  • Conferencia-debate sobre este Campo de Concentración e de exterminio Nazi, este impartido polo historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, e o Pte. da mesma, Manuel Agustín Fernández Pita.

mauthausen

Organiza:
Abrente e a Asociación Memoria Histórica Democrática

Colabora:
Concello de As Pontes

Presentada en Fene a Exposición «Galegos en Mauthausen»

Premer na foto para ver a galería

A mostra está aberta na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende o día 10 até o vindeiro 24 de xaneiro en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Fene Cidadán

Praza.com

Diario de Ferrol

EXPOSICIÓN GALEGOS EN MAUTHAUSEN, NO CONCELLO DE FENE

O vindeiro xoves, 10 de xaneiro, ás 20 hs, a Asociación Memoria Histórica Democrática en colaboración co Concello de Fene, celebran a Exposición fotográfica:

GALEGOS EN MAUTHAUSEN

No acto de inauguración da exposición, terá lugar unha Conferencia-debate sobre o Campo de Concentración e de exterminio Nazi de Mauthausen, a mesma será impartida polo profesor, historiador e membro da nosa Asociación; Enrique Barrera

Casa da Cultura de Fene, Avda de Conces nº 20, Fene 

HORARIOS DE VISITA:

Dende o 10 ao 24 de Xaneiro, de luns a venres, mañás de 10:00 a 13:00 horas, e tardes de 16:00 a 21:00 horas, os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

Exposición Fotográfica e Conferencia AUSCHWITZ – BIRKENAU

Imagen