Fotos da “Homenaxe aos Represaliados no Cemiterio de San Mateo”

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Anuncios

“Homenaxe aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico asasinados polos franquistas ”

Mañá, xoves 19 de abril, ás 17.30 h, terá lugar a “Homenaxe no cemiterio de San Mateo, aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico” asasinados polos franquistas  e enterrados na foxa común do camposanto.

En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada. A historia deste tráxico suceso aparece no libro Armas para a República, obra do historiador Xosé Manuel Suárez (Ed. Embora)

No cemiterio de San Mateo repousan os españois do buque fusilados na Punta do Martelo, o extremo da dársena do Arsenal Militar de Ferrol.

Organiza “Asociación Memoria Histórica Democrática”


O Concello edita unha unidade didáctica sobre a Guerra Civil en Ferrol e comarca

M.F.G. > FE RROL

Coñecer o pasado para non repetilo. Ese é o obxectivo da unidade didáctica promovida polo Concello ferrolán sobre a Guerra Civil, destinada a que os alumnos de Secundaria e Bacharelato de Ferrol e comarca coñezan como se desenvolveu o golpe de Estado na cidade e a posterior represión que se levou a cabo por parte dos sublevados.

O autor da unidade, o profesor Xosé Manuel Suárez, asegurou que este traballo trata de recuperar os feitos que se agochan baixo “a alfombra da historia oficial” e achegar os escolares a feitos que aconteceron no seu contorno. Así, analízanse as causas do golpe de Estado de 1936, como se desenvolveu en Ferrol e cales foron as vítimas e os escenarios da represión franquista na comarca.

Suárez reivindicou a necesidade de dar a coñecer estes feitos ós estudantes, cando aínda hoxe existe historiografía franquista que continúa a xustificar a guerra civil por supostas insureccións socialistas, “botando a culpa ás propias vítimas”.

A unidade didáctica comeza cunha introdución ó escenario histórico no que se produce o levantamento militar e a resistencia que atopa na cidade, protagonizada por obreiros e mariñeiros. Suárez subliñou que foi pouca pero “heroica”, xa que a poboación non tiña armas. “Cando acudiron ó Arsenal foron recibidos a disparos, houbo máis de 100 persoas feridas e 33 falecidos nos primeiros días”, indicou. O Arsenal sería tamén escenario da loita definitiva entre os oficiais dos navíos e a mariñeiría, que chegaron a tomar algúns buques pero finalmente tiveron que renderse.

Unha vez que triunfa o alzamento, a unidade pasa a estudar a represión posterior, que Suárez describiu como “un proceso sistemático e planificado”. Así, faise unha análise sociolóxica das vítimas e percórrese os principais escenarios de fusilamentos e paseos, dende a Punta Martelo no Arsenal militar ata o castelo de San Felipe e o cemiterio de Canido.

O profesor subliñou a importancia que tivo Ferrol como centro da represión franquista en Galicia. Na cidade naval, lembrou, rexistráronse máis da metade das execucións en toda a provincia. En total, nos tres anos seguintes ó alzamento do 18 de xullo o número de mortos en Ferrol e comarca superou as 700 persoas.

Ademais, continuou, aquí foron fusilados os principais xefes militares que se opuxeran á sublevación. Foi o caso do xefe do Arsenal, o contralmirante Azarola, e os xenerais Caridad Pita e Salcedo, este último xefe da VIII División Militar da Coruña, que se negara a declarar o estado de guerra.

O material didáctico inclúe unha relación das primeiras cen vítimas da represión, das que se especifica a profesión, o lugar de procedencia e a ideoloxía, de maneira que os alumnos podan coñecer os grupos sociais e as zonas que máis sufriron a persecución franquista. Tamén figura o testemuño dun encarcerado en 1936 na prisión da Escollera do Arsenal, o fillo de Fernando Carballo, presidente da Fronte Popular en Ferrol e funcionario do Concello. No seu relato narra o asalto ó Consistorio e o seu posterior encadeamento.

A edil de Educación, Mercedes Carbajales, indicou que a unidade se distribuirá entre todas as bibliotecas dos centros educativos da cidade e nos da comarca, así como entre entidades sociais, culturais e de mulleres. Tamén será posible consultala na web municipal.

Publicado en Actos, Ferrol. Etiquetas: , . 1 Comment »

Ferrol na republica

Onte no Ateneo Ferrolán  e organizado pola asociación Memoria Histórica Democrática e por o Ateneo Ferrolán,tivo lugar una charla coloquio, na que contamos coas enseñanzas dos historiadores: Xosé M. Suárez y Eliseo Fernández. Audios do acto

» Presentación de Eliseo Zahera (descargar mp3)

» X. M. Suárez: A República en Ferrol (descargar mp3)

» Eliseo Fernández: O Movemento obreiro (descargar mp3)

» Coloquio (descargar mp3)

O DEREITO A COÑECER O PASADO

Xosé M.Suárez

http://xmsuarez.blogs-r.com/
Publ.(EN MOVEMENTO)

No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu,tras tres anos de resistencia,e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista.

Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas foxas comúns, esquecidos, descoñecidos, agachados a todo coñecemento histórico, científico.

Como investigador da historia da Guerra Civil en Galicia reclamo as maiores facilidades para o coñecemento do que pasou e para a súa divulgación. Penso que os mortos,as vítimas (máis de catro mil en Galicia)daquel xenocidio por razóns ideolóxicas, non só pertencen aos familiares, son de toda a sociedade,polo que a procura das foxas, a súa excavación, a exhumación, a análise histórica e antropolóxica, non poden depender en exclusiva da iniciativa das familias dos desaparecidos nin da decisión política dos dirixentes dunha comunidade autónoma,ou menos aínda dun xuíz de instrucción.

O dereito a coñecer o pasado debe de estar por riba dun labirinto de decisións persoais, polo que o Goberno ten que tomar a iniciativa de facilitar a investigación das foxas sen que medien intermediarios que proveiten a confusión legal para impedir que a sociedade faga efectivo o seu dereito a coñecer o pasado.O auto do xuíz Garzón de 16 de outubro sinalaba con acerto que os vencedores da Guerra Civil desplegaron toda a acción do Estado na posguerra para a localización, identificación e reparación das vítimas da parte vencedora, polo que hoxe os vencidos (os perseguidos, encarcerados,desaparecidos e torturados por quen crebou a legalidade levántandose en armas) seguen sendo discriminados polo Estado ao non recibir o mesmo trato e consideración.O escrito referido ten o valor de definir por primeira vez na xurisprudencia española o levantamento militar como ilegal, programado para a destrución dun estado democrático e constitucional, que desenvolveu un proceso de exterminio ao mesmo tempo que a Guerra Civil, no que produciu crimes de guerra e contra a humanidade.Garzón sinala que para deter a comisión deses delictos e dos seus efectos é preciso buscar os corpos dos desaparecidos, ou ofrecer razón do seu paradeiro por parte das autoridades públicas depositarias desa información, decisión que deben tomar de oficio, sen agardar iniciativa por parte interesada. Parece que o Goberno español non está polo labor. Poñamos por caso o achádego dunha foxa común da II Guerra Mundial en Europa, ¿sería necesario todo un rosario de decisións de familiares das vítimas,cando se descoñecen a priori as identidades, de órganos xudiciais ou de autoridades políticas para investigar o seu contido?
Non estou negando os dereito das familias a recuperar os restos dos represaliados, ninguén o pode negar,pero si afirmo que moitos dos que xacen nas foxas non teñen identidade coñecida polo que poñer como condición necesaria para a súa exhumación que sexa solicitada por familiares é unha trampa, ao impedir aos investigadores dar a coñecer

a historia, e á sociedade acceder ao seu coñecemento. Por outro lado este dereito non pode quedar á libre decisión de autoridades políticas, os dereitos dos cidadáns e da sociedade non temos que conseguilos a forza de pelexar contra
vontades persoais, aínda que detenten o poder político ou xurídico,nin deberían depender da iniciativa privada, a única que ata agora se compremeteu nesta loita. Refírome ao traballo incansable e admirable das organizacións de voluntarios da recuperación da memoria histórica,para que non se deran casos como o narrado o pasado mes de decembro nesta noticia: “Achados 36 esqueletos exhumados dunha foxa común da Guerra Civil na localidade de Singra, Teruel, apilados en caixas de cartón na antigua escola do municipio.A asociación Pozos de Caudé que promoveu a súa exhumación,abandonounos despois de que os exames forenses confirmasen que non eran as persoas que buscaban.

O Concello de Singra pidelles que se fagan cargo deles.”Ao parecer eran os restos de soldados dos dous bandos, que agora ninguén quere.

en-movemento1

Publicado en Artigo. Etiquetas: . Leave a Comment »