Estrena en Ferrol do documental “O MEU NOME É LUÍS ‘FERREIRO'”

Estrena en Ferrol do documental “O MEU NOME É LUÍS ‘FERREIRO'”
O Martes,22 de Febreiro,as 19:30 h,na “Fundación Novacaixagalicia”- Ferrol
A historia de Luís González ‘Ferreiro’,relata a historia dun militante do PCE nos anos do franquismo.
Organizan, o “Foro pola Memoria Republicana de Galicia” e a “Fundación 10 de Marzo”

Trailer do documental


Publicado en Actos, Documental. Etiquetas: , . Leave a Comment »

Unha débeda saldada coa memoria

Premer a foto,para ver máis...

Un monólito fronte ao centro de saúde de Serantes, antiga casa consistorial,lembra a Alejandro Porto Leis, último alcalde republicano de Serantes,e aos seus veciños Avelino Landeira Maneiros, Jesús Miño Lourido e Modesto do Río Polo,asasinado por protexelo o tempo que estivo fuxído.

Interviron por este orde;Mercedes Carbajales (concelleira de Cultura) ,Enrique Barrera (Directivo da AS.Memoria Historica Democratica,e da AS. Socio-Cultural Fuco Buxán),Vicente Irisarri (Alcalde de Ferrol),Paulino Gasalla (Familia de Porto Leis),e  Miguel do Río (neto de Modesto do Río).

A pouquiño,pero vaise restaurando a memoria en Ferrol,vaise andando.

A noticia nos medios:
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/15025-noemi-ferrol
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/02/12/0003_201102F12C2993.htm

A historia de Porto Leis e os seus compañeiros Avelino Landeira, Jesús Miño e Modesto do Río recóllese no documental “O Segredo dá Frouxeira”, de Xosé Abad

http://memoriahistoricademocratica.org/

Inauguración dun Monolito en lembranza de;Alejandro Porto Leis,Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira

Venres,11 de febrero, as 18:00 horas,en Serantes,diante do Ctro de Saude (antigo edificio do Concello),terá lugar a inauguración dun Monolito en lembranza de Alejandro Porto Leis,(Alcalde republicano de Serantes), Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira,(Asasinados con él por telo protexido) Os catro foron cruelmente asasinados polos fascistas, en 1938. Recomendamos ollar o Documental “O Segredo da Fruxeira” Trailer: http://www.youtube.com/watch?v=c05q61dop3Q

http://memoriahistoricademocratica.org/

Homenaxe ao Contraalmirante Azarola,defensor da República

«É chocante que militares gopistas aínda dean nome a rúas do Arsenal»

Entre as persoas que onte non quixeron faltar á homenaxe que o Concello dedicoulle ao contraalmirante Azarola atopábase Enrique Barreira, secretario da asociación Memoria Histórica Democrática e directivo de Fuco Buxán, quen, pouco antes de que se iniciase o acto, manifestou a súa satisfacción polo feito de que o Concello decidiuse a «restaurar» e «dignificar» a memoria do militar republicano.

Barreira encomiou os esforzos do goberno municipal por dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica, á vez que cualificou de «paradoxal» e «contraditorio» que unha cidade recupere e renda homenaxe a un militar que perdeu a vida por defender a legalidade vixente, mentres nesa mesma cidade aínda se honra a quen promoveron o seu fusilamento. Neste sentido, Barreira fixo alusión ao recinto militar do Arsenal ferrolán, onde «moitas das rúas aínda levan o nome de varios militares golpistas, entre eles algúns dos que impulsaron o consello de guerra contra o contraalmirante Azarola», algo que ao directivo de Fuco Buxán resúltalle moi «chocante».

«Ferrol -advertiu Enrique Barreira- é un dos lugares onde a Lei de Memoria Histórica está a ser máis difícil de cumprir, porque aínda hai un sector da poboación que non a ve con bos ollos».

Traducido da Voz

A lembranza de Antonio Azarola brila en Capitanía

O contraalmirante Antonio Azarola Gresillón atopábase ao mando do Arsenal de Ferrol o 20 de xullo de 1936. A pesar de que moitos tentaron convencerlle para que se sumase á rebelión franquista, o militar mantívose fiel á República. Buscaba unha neutralidade que evitase a guerra, o derramamento de sangue, pero non o conseguiu. Poucos días máis tarde, o militar foi detido e sometido a un consello de guerra, e o 4 de agosto, no cuartel de Dores, Azarola foi fusilado cun crucifixo entre as súas mans.

Case setenta e cinco anos despois da súa desaparición, o Concello quixo rehabilitar o nome do que fose xefe do Arsenal de Ferrol dedicándolle unha praza da cidade:a situada fronte ao Parador de Turismo, xunto ao edificio de Capitanía. E precisamente alí mesmo, onte pola tarde, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e outros membros da corporación escenificaron ese recoñecemento mediante a celebración dun acto no que se descubriu unha placa en recordo de Azarola. Á cita tamén asistiron varios descendentes do militar, así como directivos e membros das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, impulsoras da iniciativa xunto a Plácido Carro e Esquerda Unida (EU).

Todos eles destacaron a elevada talla humana do contraalmirante Azarola Gresillón, un «home de palabra» cuxa lealdade ao Goberno lexítima e democraticamente constituído, ao que prometera servir, custoulle a vida.

Traducido da Voz

Homenaxe e nomeamento dunha calle,en lembranza do Contalmirante Azarola Gresillón

O próximo venres, 4 de febreiro, ás 18 hs,nas proximidades de Capitanía Xeneral, o Concello de Ferrol,nomeará un espazo público como CONTRALMIRANTE AZAROLA GRESILLÓN

 

Dando cumplimento ao acordo Plenario do 26.03.2009, no que se aprobou a moción de EU que o solicitaba, e a que se sumaron as Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán.

 

Antonio Azarola Gresillón, Contraalmirante Xefe do Arsenal, foi fusilado en Ferrol o 4 de agosto de 1936, por non secundar o golpe militar e manter a súa lealdade ao Goberno da República. O seu prestixio profesional, a súa calidade humana e a súa disposición ao entendemento coas autoridades civís e os servizos prestados á clase traballadora de Ferrol, desde o seu cargo no Arsenal e desde o Ministerio de Mariña, creando o Plan de Escuadra, que freou os despedimentos previstos nos asteleiros, así como o seu sacrificio en defensa da legalidade, fanlle acredor desta lembranza.

 

A Asociación, Memoria Historica Democratica,convida a toda a cidadanía a participar nesta homenaxe.

Publicado en Actos, Ferrol. Etiquetas: , . Leave a Comment »