Mañá “O segredo dá Frouxeira” no Pazo da Cultura de Narón

Mañá, mércores 25 de Abril, ás 20,00 h. terá lugar no Pazo de Cultura de Narón, da proxección do documental do Director Xosé Abad, “O segredo dá Frouxeira”, ao remate realizaremos unha charla-coloquio sobre o mesmo.

(A entrada é de balde)

Anuncios

Fotos da “Homenaxe aos Represaliados no Cemiterio de San Mateo”

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

“Homenaxe aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico asasinados polos franquistas ”

Mañá, xoves 19 de abril, ás 17.30 h, terá lugar a “Homenaxe no cemiterio de San Mateo, aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico” asasinados polos franquistas  e enterrados na foxa común do camposanto.

En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada. A historia deste tráxico suceso aparece no libro Armas para a República, obra do historiador Xosé Manuel Suárez (Ed. Embora)

No cemiterio de San Mateo repousan os españois do buque fusilados na Punta do Martelo, o extremo da dársena do Arsenal Militar de Ferrol.

Organiza “Asociación Memoria Histórica Democrática”


Cea da República

En nome d@s compañeir@s que formamos a Memoria Histórica Democrática, moitas grazas a tod@s pola vosa asistencia.

Enrique Barrera, transmitiu en nome da nosa asociación o desexo de pronta melloría do Rei Juan Carlos, tras o accidente que tivo mentres estaba de cazaría de elefantes en Botsuana.

Tamén queremos congratularnos co gran “traballo” que están a facer os consortes das infantas, en pro da restauración da República.

Cándido Pazo

Parabéns e a nosa gratitude a Cándido Pazo, encargado de amenizar a velada. Que soubo reflectir con humor o terror vivido nos anos de ditadura Franquista.

Cándido Pazo

Queremos aclarar que os animais que acompañaron a Cándido Pazo na súa estupenda actuación non eran de Botsuana, a nosa asociación está en contra da caza de animais protexidos e en perigo de extinción.

Garantimos que ningún animal dos que participaron sufriu danos nin maltrato físico ou psicolóxico .

Atentado nun Monumento en Memoria d@s Represaliad@s pola Represión Franquista

A Asociación “Memoria Histórica Democrática” de Ferrol, ven de sumarse ao comunicado en repulsa deste atentado a liberdade, e quere amosar o seu máis sentido pesar coa memoria das vítimas e as familias d@s represaliad@s de Ourense.

“Ante o atentado realizado na madrugada do 14 de Abril no cemiterio ourensá de San Francisco, no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista, os abaixo asinantes, en nome da sociedade libre e democrática, expresan a súa máis fonda repulsa por un acto que, alén de incívico, supón unha inaceptable aldraxe ás persoas mortas por defenderen os seus ideais.

Amigos da República
Asociación proCentenario de Nós 2020 (ApCNós2020)
Asociación Sociopedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP)
Ateneo de Ourense
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Campus de Ourense-Uvigo
Colexio Oficial de Médicos de Ourense
Comisións Obreiras (CC OO)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Coral de Ruada
Encontro Irmandiño (EI)
Esquerda Unida (EU)
Fundación Vicente Risco
Máis Galiza (+G)
Nova Escola Galega (NEG)
Partido Comunista de Galicia (PCG)
Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
Seminario de Estudos Socialistas “Manuel Suárez”
Unión Xeral de Traballadores (UXT)


Ourense, 14 de Abril de 2012″

Pintada en la placa-recuerdo en el entorno del Monumento aos republicanos en la que figuran los nombres de los ciudadanos represaliados y enterrados en el Cemiterio S. Francisco de Ourense . 14-4-2012.
(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia)

Pintada no Cemiterio S. Francisco de Ourense no entorno do Monumento aos republicanos. 14-4-2012.
(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia)

Fotos da Ofrenda floral no monumento aos presos republicanos do campo de concentración de Cedeira

Premer na imaxe para acceder a galería fotográfica.

Publicado en Actos, Cedeira. Etiquetas: , . Leave a Comment »

“Ofrenda floral no monumento aos presos republicanos do campo de concentración de Cedeira”

O vindeiro 14 de abril, ás 13:00h, terá lugar unha “Ofrenda floral no monumento aos presos republicanos do campo de concentración de Cedeira”.

Esta iniciativa nos ven dada por veciños de Cedeira e o ex-alcalde da vila, José Luís Vergara.

Saúde e República

Nosa web: http://memoriahistoricademocratica.org/

e-mail: memoriahistoricademocratica@gmail.com

Listado dos prisioneiros do campo de concentración de Cedeira

Transcripción realizada por Enrique Barrera do Padrón municipal rectificado do ano 1937.

Lee el resto de esta entrada »

Publicado en Actos, Cedeira. Etiquetas: , . Leave a Comment »