”Homenaxe aos nosos veciños en Mauthansen”

Onte dimos comenzo a dobre xornada de actos en homenaxe dos “Ferrolterráns no Campo de Concentración de Mauthansen”.

A xornada daba comenzo ás 19:00 h.  na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” sobre o Campo de Concentración Nazi, logo proxectouse a documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (Feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey).
A continuación (20:00 h) partimos cara ao Parque Rosalía de Castro, no que inauguramos o monumento ”Homenaxe aos nosos veciños en Mauthansen”. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.
Ambos actos estiveron cargados de emotividade debido a presenza de familiares de presos. Ao acto asistiron os Alcaldes de Ferrol e Fene (do grupo Popular), aparte de Julio Iglesias, Alcalde de  do Concello de Ares (polo PSOE), a quen correspondeu acompañado de Ana María Sánchez Alcubierre, representante en Galicia da “Asociación Amicale de Mauthansen” de descubrir a Placa conmemorativa.
Como era de agardar a sala de exposicións quedouse pequena para acoller a tanta xente, un fallo non imputable a ninguén, neste senso aclarar co Alcalde de Ares puxo ao noso dispor toda a infraestrutura e loxística coa que conta actualmente o Concello.

Hoxe, venres, 27 de xullo, ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.

Premendo nas fotos poderedes ollar a galería de imaxes correspondente

Vídeo “Galegos en Mauthansen” de Xosé Abad e Sandra García Rey.

Listaxe dos presos en Mauthansen

Ares Arias, Víctor Manuel- (Ares), Casal Chao, Juan José- ( Fene), Castiñeiras Díaz, Joaquín- (Ortigueira), Criado Gabeiras, Vicente- (Ferrol), Cendán Rodríguez, Antonio- (Ferrol), Fernández García, Manuel- (Mugardos), García Seoane, Pastor Ramón – (Ferrol), Gómez Iglesias, Francisco- (Miño),  López Castro, Félix -(Ferrol),  López Yáñez, Alfonso- (Ortigueira),  Montero Cotos, Francisco- (Mugardos),  Morgade Feal, Jesús- (Mugardos), Pardal Pouso,  Marcelino- (Ferrol),  Pena Losada, José Andrés- Mugardos), Pereira Pérez, José- ( Mugardos), Pontes Palmeiro, Manuel- (Ferrol), Rafales Lamarca, Luis- (Ferrol),  Romero Rebón, Carlos- (Ares),  Sanmartín Fernández, Bernardo- (Monfero), Villar Piñón, Manuel- (Cedeira),  Permuy Pérez, José Manuel- (A Capela).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: