Vídeo “Resumo das Actividades no 2016”.

Anuncios

Documental e Coloquio “O Piloto”, o día 20 de Maio no Pazo da Cultura de Narón

IMG-20160513-WA0000

A Asoc. Memoria Historica Democrática, coa colaboración da AVV de Pazos, convidan á proxección da documental

“O Segredo da Frouxeira”
(EDAF Produccións, dirección: Xosé Abad)

Ao remate do mesmo terá lugar un Coloquio sobre a documental,  dirixido polo Historiador  e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera

Sábado 14 de maio, ás 19,30 hs, na Asoc. Veciñal de Pazos
(Carretera de Pazos s/n, Ferrol)

O Segredo da Frouxeira

Coa colaboración da AVV de Pazos, dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas.

Próximos actos:

20 de maio: Narón, 19 h. Café Teatro do Pazo da Cultura: Documental “O Piloto”

Comunicado

A piques de pechar este ano 2015 e con fondo pesar recibimos a nova do pasamento de Leonardo Couceiro, home da nosa compañeira Beatriz Rascado.

Leo acompañounos durante todos estes anos nas moitas e moi diversas actividades que desenvolveu a Asociación, sempre á beira de Bea, dando soporte e transmitindo tranquilidade a todo o colectivo co seu carácter afable e discreto.

Era ese carácter o que o facía de Leo unha desas persoas verdadeiramente insustituíbeis, que non se fan notar cando nos arroupan coa súa presenza; pero que son as primeiras ás que botamos en falla precisamente porque notamos a súa ausencia.

Leo, alá onde esteas agora xa te botamos en falla, non te esquecemos.

 

Borrador do proxecto para o Centro de Interpretación da Memoria Histórica de Ferrol

Nos últimos catro anos, os asuntos da Memoria Histórica estiveron desaparecidos da axenda dos gobernos de maiorías absolutas do Partido Popular en todos os ámbitos competenciais (Estado, Xunta, Deputación, Concellos). A nivel local, tan só fomos quen de conseguir a participacion do primeiro edil de Ferrol nunha homenaxe comarcal celebrada no concello de Ares, conmemorando a historia dos galegos presos nos campos de concentración nazis.

En troques e por desgraza, non fomos quen de conseguir que a sensibilidade amosada ante o horror do terror fascista na Alemaña de Hitler se trasladara a empatizar tamén coas vítimas do horror provocado polo terror fascista de Franco no territorio galego e español.

A nosa asociación naceu en anos que semellaban pouco propicios pola hostilidade gubernamental. Estamos afeitos a camiñar amodiño e xuntos, non para chegar axiña senón para chegar lonxe nos nosos obxectivos de Verdade, Xustiza e Reparación coas mulleres e homes, de moi diversas ideoloxías e principios, que pagaron coa súa vida ou coa súa liberdade, a defensa dos ideais de Democracia, Liberdade e Igualdade que hoxe parécennos irrenunciables, cando estes estaban en perigo.

Así as cousas, tras outro periodo de catro anos de ostracismo, nos que Memoria Histórica Democrática proseguiu co seu labor, allea á indiferencia institucional, estamos a presentar a proposta de Centro Interpretación da Memoria Histórica ante o novo Goberno local de Ferrol, e tamén ante os grupos municipais con representación na corporación que contan coa sensibilidade para recoñecer e reivindicar a aportación das vítimas do franquismo á nosa historia como país democrático.

Este borrador de documento para a creación do Centro de Interpretación da Memoria Histórica de Ferrol é un punto de partida posibilista dacordo coa realidade socioeconómica da nosa cidade (a relación non pechada de contidos suxerida no documento está formada polas exposicións que producimos nos últimos anos na nosa asociación, cos nosos propios medios). O contido do documento está aberto a colaboracións.

DESCARGAR O BORRADOR: CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DE FERROL (PDF)

Homenaxe en Cedeira

Cedeira

Festa pola República 2015

O venres 10 de abril a partir das 19.00 horas. Acto unitario pola República, con actuacións musicais, recitais poéticos, etc. no Ateneo Ferrolán