Concentración Apoio ao Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán convoca unha CONCENTRACIÓN o próximo martes, día 16, ás 20 h. na Praza de Armas para esixirlle ao Concello que asuma os gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade, logo da asemblea aberta celebrada o día 8 coas diferentes asociacións do tecido asociativo e cultural.
O Comunicado no que xa hai adheridas diferentes asociacións pódese asinar por correo electrónico a secretaria@ateneoferrolán.org.

MANIFESTO:

O mércores 17 de setembro, ás 11:30 horas, nos xulgados de Ferrol vaise celebrar un xuizo pola demanda da empresa Mudanzas Felix, S.L. contra o Ateneo Ferrolán, reclamando o pagamento de 39.000 euros, importe do traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo Ferrolán co gallo das obras de rehabilitación da sede da entidade. O traslado e almacenamento da biblioteca, hemeroteca e enseres do Ateneo non foi unha iniciativa desta entidade, senón que se fixo por esixencia do Concello de Ferrol e da dirección de obra, co compromiso de que o Ateneo nunca tería que facer un desembolso económico para o que non tiña capacidade financeira. O desenvolvemento das obras coincidiu co cambio de goberno municipal e rematadas éstas, o novo goberno do Partido Popular negouse a asumir o pagamento deste gasto, quedando o servizo prestado pola empresa impagado, o patrimonio do Ateneo retido, aumentando mes tras mes a débeda e dando, finalmente, lugar á reclamación da empresa Mudanzas Felix, S.L. contra o Ateneo.

Esta gravísima situación enmárcase nunha política de acoso ao Ateneo por parte do grupo de goberno do Concello de Ferrol, que se ven concretando no reparto do edificio que era sede do Ateneo Ferrolán (instalando alí a outras entidades), no confinamento do Ateneo Ferrolán nos pisos terceiro e baixo cuberta do edificio, na desaparición dos elementos identificativos do Ateneo no exterior do edificio e da negativa a conceder calquera axuda económica a Ateneo, mesmo as que se mantiveran en anos anteriores e con gobernos municipais de moi diverso signo político.

O Ateneo é unha entidade molesta para un goberno municipal autoritario, que non acepta a discrepancia nin tampouco as expresións de cultura participativas e populares que caracterizan ao Ateneo de Ferrol, en colaboración con boa parte do tecido asociativo e das creadoras e creadores da cidade. Por outra banda, esta cultura popular e participativa pon en evidencia a nefasta política cultural do Concello de Ferrol, que despilfarra enormes recursos económicos sen ningún sentido. Unha política cultural asentada no papanatismo que prima o foráneo fronte ao local, que inviste auténticas fortunas na rehabilitación de edificios que despois permanecen infrautilizados, e que externaliza a xestión dos espazos culturais a través dunha desas empresas especializadas na xestión de servicios municipais.

Mentres eles nos dan productos de consumo cultural de escasa calidade, nós reivindicámonos como un pobo que foi, é e será sempre creador de cultura. Unha cultura popular e na nosa lingua, unha cultura reivindicativa e rebelde, que o tecido cultural desta cidade mantén a través de institucións tan sinaladas como o Ateneo Ferrolán. Unha entidade que leva traballando máis de tres décadas na nosa cidade, cun balance tremendamente positivo de actividades e de servicios para a cidadanía, como o servizo de biblioteca e hemeroteca que aínda hoxe continúa ofrecendo, malia que parte dos seus fondos están inadecuadamente almacenados en contenedores nun polígono industrial.

Autoritarismo, ineficacia e desprezo á cultura e ao tecido cultural, é o que ofrece o goberno municipal do PP. Pola nosa parte, o noso compromiso como xente é manter e mesmo multiplicar o traballo cultural que vimos realizando. Porque entendemos que a cultura é a mellor ferramenta de transformación, potenciadora da democracia e da convivencia. Por iso, como entidades culturais e como persoas creadoras de cultura, reclamamos tamén ao Concello de Ferrol que cese na súa campaña contra o Ateneo, asumindo os gastos derivados da obra municipal que fixo no edificio desta entidade. E pedimoslle tamén que faga un xiro na súa política cultural, mediante o diálogo co tecido cultural e a potenciación das iniciativas xenuinas da cultura ferrolá. Que abandone, en fin, a política de desprezo ao tecido cultural, do fomento da división entre as asociacións, de falta de diálogo e até de mala educación e maltrato.

Setembro 2014

Mañá concentración polo dereito a decidir, referéndum xa!!

10287031_10202863177118536_2005130521229671311_oA asociación Memoria Histórica Democrática, fai un chamamento a cidadanía, para que o vindeiro xoves 19 de xuño, acuda a concentración que en réxime de autoconvocatoria que terá lugar na Praza de Armas de Ferrol, a partir das 20.00 horas.

Polo dereito a decidir, referéndum xa!!

Non á monarquía!!

“Concentración contra a Monarquía”

10287031_10202863177118536_2005130521229671311_oO sábado, día 7 de xuño, ás 20:00 h. na Praza de Armas, e en réxime de autoconvocatoria

“Concentración contra a Monarquía”

Celebrando a abdicación do Rei Juan Carlos I, e pedindo final da liña de sucesión na Coroa.

Faise fincapé en que sexa unha Festa de bandeiras, cores, e na cal dease cita toda a Diversidade da Esquerda Galega.

Ferrol Terra pola verdade a xustiza e a reparación das vitimas do Franquismo, ¡¡NON CALEMOS A XUSTIZA!!

CONCENTRACIÓN EN FERROL CELEBRADA O 24 DE ABRIL DO ANO 2010.

ISTE É O AUTO CONTRA “GARZÓN” QUE AGREDE AS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS
http://estaticos.soitu.es/documentos/2008/10/auto_memoria_historica.pdf

CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIDADE CO XUIZ GARZÓN,¡PAREMOS O FASCISMO!

A Memoria Histórica Democrática,AVV de Esteiro, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG,Asociación Veciñal O Prioriño, Ospaal,BNG ,Terra Galega,CC.OO e UXT

FAN UN CHAMAMENTO A POBOACIÓN PARA UNHA CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIDADE CO XUIZ GARZÓN

O DÍA 24 ÁS 12:00H,NA PLAZA DE ARMAS-FERROL

“Verdade, xustiza, reparación”

CONVIDAR A XENTE QUE LEA O AUTO DE “GARZÓN ”
http://estaticos.soitu.es/documentos/2008/10/auto_memoria_historica.pdf
E OLLADE A QUEN ATACA O AUTO,SI A GARZÓN OU A DEMOCRACIA

Manifestación en apoio o xuiz Garzón

A Memoria Histórica Democrática,AVV de Esteiro, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG,Asociación Veciñal O Prioriño, BNG e Ospaal, reunimonos onte en autoconvocatoria no local social da AVV de Esteiro, para falar sobre os actos que se celebrarán en todo o Estado o próximo día 24 en apoio o xuiz Garzón e concretar o que vai ter lugar en Ferrol.

Acordouse convocar unha concentración na praza de Armas para ese día, ás doce do mediodía, baixo o lema

“Verdade, xustiza, reparación”

Enrique Barrera,membro de Memoria Histórica e Democrática e de Fuco Buxán,explicou que non se trata dunha reunión de “garzonistas”, nin é necesario ter unha opinión positiva do xuiz para mostrarlle o noso apoio polo acoso que está sufrindo, que calificou dunha “auténtica aberración”.

COMUNICADO:FEDERACION ESTATAL DE FOROS POR LA MEMORIA

LOGO

Madrid, 26 de diciembre de 2008.
Estimados compañeros/as y amigos/as
Los días 6, 7 y 8 de diciembre, nuestra Federación ha celebrado una Asamblea de Foros por la Memoria en su sede social en Leganés (Madrid). Entre los acuerdos está el de realizar concentraciones frente a los máximos órganos judiciales de cada ámbito allá donde sea posible, el próximo día 1 de Febrero (domingo).
Entendemos que después de la inhibición del juez Garzón, así como los Autos de la Audiencia Nacional y del Tribunal Supremo, es el momento de salir a la calle para hacer evidente nuestra presencia y nuestras reivindicaciones como organizaciones de memoria histórica, de derechos humanos y de víctimas del franquismo. Los acontecimientos que se han venido desarrollando desde el verano han culminado con la constatación de la absoluta indefensión de las víctimas del franquismo, y de que la problemática de las víctimas republicanas de la guerra civil y de la dictadura sigue siendo tratada como una excepción inexplicable, al margen de los derechos humanos y del derecho penal internacional.
No podemos abandonarnos al desánimo, al conformismo y a la resignación. Si hoy echamos una mirada al pasado más cercano (unos pocos años) constatamos el inmenso avance de nuestras posiciones, plasmado en presencia mediática, en resoluciones judiciales, en avances legislativos, en declaraciones públicas desde los más diferentes ámbitos nacionales e internacionales. Gracias a una labor titánica del movimiento social por la recuperación de la memoria, con el apoyo comprometido de personalidades del mundo de la cultura y profesionales de diversas disciplinas, hemos conseguido (mérito de todas y todos) poner el tema de los derechos y de la recuperación de la memoria de las víctimas republicanas y de la dictadura, en el centro del debate social, político, periodístico y jurídico.
Y sin embargo no podemos negar que la respuesta final recibida, tanto desde el plano político como del judicial no es, hoy por hoy, más que otro intento de poner límites a nuestro derecho a la justicia.
En este momento es fundamental (quizás más que nunca) salir a la luz pública para hacer patente nuestro desacuerdo con el actual estado de cosas, y demostrar que todo lo que hemos podido conseguir en estos años no sólo no es suficiente sino que no es tan siquiera el mínimo aceptable, porque el derecho a la Justicia, a la Verdad y a la Reparación de las víctimas del franquismo y de toda la sociedad, es irrenunciable.
Os proponemos que el día 1 de febrero nos concentremos ante los máximos órganos judiciales de cada ámbito donde sea posible (la sede del Tribunal Supremo en Madrid, los Tribunales Superiores de las CC.AA., las Audiencias Provinciales…), con las fotos de nuestros familiares y de otras víctimas del franquismo, bajo el único lema “Verdad, Justicia y Reparación para las víctimas del franquismo”. Asimismo podrían redactarse y hacerse públicos comunicados y manifiestos consensuados, para ser leídos por compañeros/as del mundo de la cultura.

Proponemos la fecha del 1º de febrero para partir de algo concreto, pero entendemos que las organizaciones realmente presentes en cada ámbito tienen la opción de definir las formas de la movilización, y si éstas pueden ampliarse o prolongarse en el tiempo.
Creemos que todos podemos y tenemos que poner de nuestra parte para que la movilización sea lo más unitaria posible, huyendo de protagonismos inútiles y haciendo gala de la misma generosidad, solidaridad y espíritu unitario del que nos reclamamos herederos y herederas. Asimismo, nos sumaremos a cuantas iniciativas y movilizaciones reivindicativas que en esta misma línea
sean propuestas.
A la espera de vuestras opiniones e iniciativas se despide, con un fuerte abrazo solidario,

firma

www.foroporlamemoria.info

foroporlamemoria@nodo50.org