Fotos da homenaxe a Amada García

Homenaxe a Amada García, 2015

Fotos da homenaxe a Amada García, acto promovido pola familia de Amada García e a Asociación Memoria Histórica Democrática.

En nome da familia, e da nosa asociación, queremos mostrar o noso agradecemento a xente que sumouse a lembrar a memoria de Amada García, e ao resto de persoas fusiladas con ela ese fatídico día. (Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas).

Descansa en paz, Gabriel Toimil García

Gabriel Toimil García

Faleceu Gabriel Toimil García, fillo de Amada García. O seu corpo descansa xa no túmulo número 5 do Tanatorio Artabria en Ferrol, onde será incinerado o sábado 3 de maio ás 12 horas, posteriormente as súas cinzas acompañarán os restos mortais da súa nai no cemiterio de Serantes. Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática unímonos á dor da súa familia e recollemos o seu exemplo: Perdoou, pero nunca esqueceu. Verdade, xustiza, reparación.

 

Homenaxe a Amada García 2014

O acto tivo lugar hoxe ás 17:00 h., a pé do muro do castelo de San Felipe, tantas e tantas veces testemuña muda do estrondo dos disparos realizados polos rifles dos fascistas

Este ano Gabriel tivo unha sorpresa especial, a súa bisneta representou cun violín o Himno Galego.

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Ao remate da homenaxe, fomos facer a ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que participastes nesta sentida homenaxe, así como ás forzas políticas asistentes, e en especial ao mestre gaiteiro, Victor Agulló, que tódolos anos participa desinteresadamente connosco.

O ceo volveu chorar por Amada García

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Hoxe o ceo volveu chorar como fai case todos os día 27 de xaneiro. A nosa asociación, en colaboración coa A.C. Fuco Buxán, acompañaron á familia da mugardesa Amada García na homenaxe a esta, e cunha lembranza para todas as mulleres e homes represaliad@s polo fascismo.

O acto tivo lugar no castelo de San Felipe, ao finalizar este, fomos facer unha ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, lugar onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s polos fascistas.


Iniciou o acto Enrique Barrera, que dedico unhas palabras a Amada García, e recordou como a república trouxo consigo uns avances en pro da igualdade. Seguidamente, interveu José Torregrosa, que nos puxo a todos o corazón nun puño coas súas palabras. En último lugar, a neta de Amada, que leva o mesmo nome da súa avoa, agradeceu a todos os alí presentes a súa asistencia, e desculpou a ausencia do seu pai, Gabriel, que non puido asistir por motivos de saúde.

Homenaxe as mulleres represaliadas polo Franquismo, na figura da mugardesa Amada García.

O vindeiro domingo, 27 de Xaneiro, ás 12:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.

Fotos da homenaxe a Amada García 2012

A Asociación Memoria Histórica Democrática rendeu homenaxe a todas as persoas asasinadas polo franquismo, e particularmente ás mulleres, representadas na figura da mugardesa Amada García.

Así mesmo a nosa asociación deixou constancia do seu apoio incondicional ao xuíz Baltasar Garzón no que considera un inxusto xuízo pola tentativa de investigar os crimes da ditadura franquista.

Clicar na foto para ver a galería completa

“Homenaxe Amada García 2012”

O venres, 27 de Xaneiro, ás 17:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.

Homeaxe a Amada García,e lembraza as mulleres represaliadas en Ferrolterra

O día 27 de xaneiro ás 17:00 horas no castelo de San Felipe farase a habitual entrega froral e homeaxe a mugardesa Amada García,e lembrarase o resto de mulleres represaliadas en Ferrolterra 

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granjeó as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e outros seis compañeiros.

Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas.   A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.

Lee el resto de esta entrada »

Fotos da homenaxe a Amada García

Fai 72 anos do seu fusilamento, xunto con outros sete veciños de Mugardos, tras unha farsa de Consello de Guerra, que os condenou a morte aceptando as falsas testemuñas


A homenaxe a Amada García e as demáis mulleres represaliadas en Ferrolterra,foi un acto cheo de emotimividade.

O acto asistiron diversas personalidades da política da cidade,amais da familia,membros da A.Memoria Hitórica e da A.Fuco Buxán .




Clicar na imaxen para acceder a galería de fotos

Homeaxe a Amada García e lembranza das mulleres represaliadas en Ferrolterra

O día 27 de xaneiro ás 17:00 horas no castelo de San Felipe farase a habitual entrega froral e homeaxe a mugardesa Amada García,e lembrarase o resto de mulleres represaliadas en Ferrolterra

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granjeó as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e outros seis compañeiros.

Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.

En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.