Presentacion do libro “DESTINADA AO CREMATORIO”

O FORO POLA MEMORIA DE GALICIA PRESENTA O LIBRO, “ DESTINADA AO CREMATORIO”, SOBRE A RESISTENTE ANTIFASCISTA GALEGA MERCEDES NÚÑEZ TARGA

XESÚS ALONSO MONTERO E CARLOS NÚÑEZ PRESENTAN ESTA OBRA NO CENTRO SOCIOCULTURAL ANDARAVÍA

O Foro pola Memoria de Galicia continúa a desenvolver as actividades neste mes de maio adicadas a divulgar e exaltar a figura da loitadora e resistente antifascista Mercedes Núñez Targa. Logo da exposición que sobre a súa vida e obra se expón no Centro Civico de Caranza, estoutra actividade súmase este vindeiro luns ao conxunto de actividades para dar a coñecer a figura sobranceira da loitadora comunista, cuxa vida marcou a resistencia aos fascismos na guerra civil e na guerra mundial.

Este luns, 14 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural Andaravía, sito na rúa Sol, 111, baixo, vaise presentar na nosa cidade o libro sobre esta muller, cuxo título semella ben elocuente da odisea de loitas que lle tocou en sorte: “ Destinada ao crematorio”, obra na que se relata a súa experiencia como resistente nos campos nazis de exterminio.

Para realizar esta presentación contaremos co autor do limiar do libro, o membro da Academia Galega e profesor Xesús Alonso Montero. Tamén se achegará a nosa cidade o militante comunista Carlos Núñez, figura senlleira da loita clandestina contra o franquismo en Galicia, e que nesa tarefa compartiu arelas e loitas con Mercedes Núñez nunha clandestinidade a cabalo entre Francia e o noso país.

O Foro continúa coa súa laboura de recuperación da memoria histórica de loita e dignidade das mulleres e homes que se enfrontaron ao franquismo, e cuxa traxectoria e exemplo restan aínda ignoradas da maioría da sociedade. Conquerir que a maioría da sociedade coñeza e valore a estas persoas e que as institucións públicas as recoñezan supón unha achega necesario para fornecer o carácter democrático da nosa sociedade.

Mercedes Núñez Targa
Escrito por: Eduardo Montagut Contreras el 29 Jul 2009
El Centro Galego en Barcelona, en colaboración con el Memorial Democràtic ha organizado la siguiente exposición: “Mercedes Núñez Targa: El valor de la Memoria”. Se estudia la vida y trayectoria de esta luchadora por la libertad contra el franquismo y el nazismo.
Los datos de la exposición en:
http://www.70aniversariexili.cat/?q=node/268
Mercedes Núñez Targa nació en 1911 en Barcelona de padre gallego y madre catalana. Durante la II República fue secretaria de Pablo Neruda, además de trabajar en la UGT y en el PSUC. Al terminar la guerra pasará a Francia, para luego asumir la dirección comunista en A Coruña. Es detenida en Betanzos, y en 1940 es trasladada a la cárcel madrileña de Ventas. Fue condenada a 12 años de prisión, pero un error burocrático la pone en libertad dos años después. Vuelve a huir a Francia, y es internada en el Campo de Argelés. Trabaja de cocinera en el Cuartel General de Carcassone pero es descubierta por la Gestapo. Es conducida a Alemania e internada en el Campo de Ravensbrück. Allí permanecerá algo más de un mes, siendo liberada por los aliados en 1945. El gobierno francés le concedió la Médaille Militaire en el año 1959. El presidente De Gaulle, al año siguiente, le concedió el título de Chevalier de la Lègion d’honoeur.
Mercedes Núñez publicó dos libros, Cárcel de Ventas, y El carretó dels gossos. También publicó muchos artículos, dio muchas conferencias, y se dedicó a buscar y unir a los gallegos que habían combatido al nazismo. Murió en Vigo en 1986.

Anuncios

Conferencia, Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Celebrada no Café Teatro do Auditorio de Narón, a conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio abordou o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Enrique Barrera

Conferencia , Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Conferencia , Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Conferencia; Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Mañá, xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, no Café Teatro do Auditorio de Narón, terá lugar unha conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio tratará o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Para realizar esta investigación, que xa dura case dous anos, Enrique Barrera botou man dos arquivos de Mauthausen, nos que os nazis apuntaban o lugar e data de nacemento de cada recluso, e lles asignaban un número de identificación. Tamén escudriñou rexistros municipais e realizado un amplo labor de campo, con entrevistas aos descendentes vivos. Algúns descoñecían que os seus parentes había estado en campos de exterminio, outros seguen vivindo en Francia.

Hoxe publican un artigo no xornal La Voz de Galicia, non puden por ligazón pois non sae publicada na edición web.

Muere el último gallego de Mauthausen

De Ferrol a Mauthausen