Calendario de actos pola Memoria Histórica en Cedeira

cedeira

Actos para o 14 de abril

Plataforma pola República– Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns acontecidos dende a II República ata hoxe.
Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa.
– Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.

“Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España” en Narón

5O Mércores, 13 de abril de 2016, a Asociación Memoria Histórica Democrática” convida a toda a cidadanía á “Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España” , e demáis asasinad@s pola súa defensa da liberdade, do progreso social e da legalidade Republicana.

Ás 17 hs. no monolito de homenaxe no Cemiterio de O Val (Narón)
Ás 17,30 hs. na fosa común do Cemiterio de San Mateo de Trasancos (Narón)

Organizan:

Asoc. Memoria Histórica Democrática, Terra Galega e Esquerda Unida de Narón. Colabora: Concello de Narón.

Conferencia “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”.

O vindeiro xoves, día 7, ás 19,00 horas.  no Centro Cívico de Caranza, terá lugar unha conferencia de Enrique Barreira,  (historiador e membro da Asociación Memoria Histórica Democrática) que tratará sobre os “Ferroláns no campo de exterminio nazi de Mauthausen”. Todo isto coincidindo coa Exposición que coa mesma temática organiza la “Asociación López Bouza” coa colaboración da nosa asociación.