Calendario de «Actos pola República»

Xa está dispoñible o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos anos en torno ao 14 de abril. Este ano baixo o nome de «Actos pola República», estimamos contar coa vosa presenza:

8 de abril, ás 20.00 horas, inauguración da exposición «Galegos en Mauthausen» no Pazo da Cultura de Narón, estará aberta até o día 20 de abril Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)

13 de abril, ás 21.00 horas, coloquio republicano, no Campus Universitario de Esteiro, seguido da cea de confraternidade ás 22.00 no comedor do campus. Os vales da cea custan 25 euros, reservas e máis información nos teléfonos 669 621 687 e 673 205 295

14 de abril, ás 12.00 horas, desprazarémonos até Cedeira para unirnos á homenaxe e ofrenda floral que os veciños e veciñas da vila organizan na Praza da Revolta ante o monolito adicado aos presos do campo de concentración e os represaliados e represaliadas pola ditadura franquista. Acto organizado por Memoria Histórica Democrática.

18 de abril, proxección do documental «As misións pedagóxicas» e posterior coloquio, no café-teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estes actos organizados por Memoria Histórica Democrática coa colaboración do Concello de Narón

Visita este blogue ou a nosa páxina para atopar cambios de última hora nas actividades programadas.

Agardámosvos, Saúde e República!

Descarga e difunde o cartaz das actividades (PDF)

Descarga e difunde a invitación á inauguración no Pazo da Cultura (PDF)