A odisea do vapor Bou Ramón

Organizada polo Concello de Ares e a Asociacion Memoria Democrática, tivo lugar a homenaxe aos republicanos fuxidos o 21 de xullo de 1939 a Francia no Vapor “Bou Ramón”.

Ás 11:00 hs. tivemos a presentación do acto, que correu a conta de Julio Iglesias, (Alcalde de Ares), este deu paso ás conferencias impartidas por Eliseo Fernández e Enrique Barrera, (Historiadores da Memoria) que contaron a fuga, travesía, e destino dos fuxidos cando chegaron a terras galas.

Ás 17:00 hs. fíxose unha charla aberta aos asistentes, entre os que se encontraban varios familiares dos fuxidos. Posteriormente, o actor Roberto Leal (fillo dun dos fuxidos) e o músico Víctor Aneiros, deleitáronnos cunha actuación artística.

Como remate desta xornada, as 20:30 hs. inaugurouse un monumento de homenaxe á odisea do Bou Ramón, obra do escultor Miguel Couto.

75 Aniversario da fuxida no vapor Bou Ramón

75 Aniversario do Bou Ramón