Descansa en paz, Gabriel Toimil García

Gabriel Toimil García

Faleceu Gabriel Toimil García, fillo de Amada García. O seu corpo descansa xa no túmulo número 5 do Tanatorio Artabria en Ferrol, onde será incinerado o sábado 3 de maio ás 12 horas, posteriormente as súas cinzas acompañarán os restos mortais da súa nai no cemiterio de Serantes. Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática unímonos á dor da súa familia e recollemos o seu exemplo: Perdoou, pero nunca esqueceu. Verdade, xustiza, reparación.

 

O ceo volveu chorar por Amada García

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Hoxe o ceo volveu chorar como fai case todos os día 27 de xaneiro. A nosa asociación, en colaboración coa A.C. Fuco Buxán, acompañaron á familia da mugardesa Amada García na homenaxe a esta, e cunha lembranza para todas as mulleres e homes represaliad@s polo fascismo.

O acto tivo lugar no castelo de San Felipe, ao finalizar este, fomos facer unha ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, lugar onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s polos fascistas.


Iniciou o acto Enrique Barrera, que dedico unhas palabras a Amada García, e recordou como a república trouxo consigo uns avances en pro da igualdade. Seguidamente, interveu José Torregrosa, que nos puxo a todos o corazón nun puño coas súas palabras. En último lugar, a neta de Amada, que leva o mesmo nome da súa avoa, agradeceu a todos os alí presentes a súa asistencia, e desculpou a ausencia do seu pai, Gabriel, que non puido asistir por motivos de saúde.

Moción presentada no concello de Mugardos

É de xustiza que, pasados 33 anos desde a restauración democrática, téñase unha merecida homenaxe e recoñecemento público para todos aqueles veciños e veciñas que morreron ou sufriron represión en defensa da legalidade republicana que en 1936 representaba o sistema democrático.

Moción presentada no concello de Mugardos

Moción presentada no concello de Mugardos

Publicado en Mugardos. Etiquetas: . Leave a Comment »