«Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España» en Narón

5O Mércores, 13 de abril de 2016, a Asociación Memoria Histórica Democrática» convida a toda a cidadanía á «Homenaxe Floral ás tripulacións do Mar Cantábrico e Acorazado España» , e demáis asasinad@s pola súa defensa da liberdade, do progreso social e da legalidade Republicana.

Ás 17 hs. no monolito de homenaxe no Cemiterio de O Val (Narón)
Ás 17,30 hs. na fosa común do Cemiterio de San Mateo de Trasancos (Narón)

Organizan:

Asoc. Memoria Histórica Democrática, Terra Galega e Esquerda Unida de Narón. Colabora: Concello de Narón.

Fotos da «Homenaxe aos Represaliados no Cemiterio de San Mateo»

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos

«Homenaxe aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico asasinados polos franquistas »

Mañá, xoves 19 de abril, ás 17.30 h, terá lugar a «Homenaxe no cemiterio de San Mateo, aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico» asasinados polos franquistas  e enterrados na foxa común do camposanto.

En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada. A historia deste tráxico suceso aparece no libro Armas para a República, obra do historiador Xosé Manuel Suárez (Ed. Embora)

No cemiterio de San Mateo repousan os españois do buque fusilados na Punta do Martelo, o extremo da dársena do Arsenal Militar de Ferrol.

Organiza «Asociación Memoria Histórica Democrática»