Fotos da homenaxe a Amada García

Homenaxe a Amada García, 2015

Fotos da homenaxe a Amada García, acto promovido pola familia de Amada García e a Asociación Memoria Histórica Democrática.

En nome da familia, e da nosa asociación, queremos mostrar o noso agradecemento a xente que sumouse a lembrar a memoria de Amada García, e ao resto de persoas fusiladas con ela ese fatídico día. (Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas).

Anuncios

Mañá martes, 77 cabodano do asasinato de Amada García

Mañá martes, 27 de xaneiro, ás 17.00 horas no castelo de San Felipe de Ferrol, homenaxe no cabodano do fusilamento de Amada García e os outros sete compañeiros que morreron asasinados aquel día

Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foron executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.

Publicado en Sin categoría. Etiquetas: , , , , . Leave a Comment »

A odisea do vapor Bou Ramón

Organizada polo Concello de Ares e a Asociacion Memoria Democrática, tivo lugar a homenaxe aos republicanos fuxidos o 21 de xullo de 1939 a Francia no Vapor “Bou Ramón”.

Ás 11:00 hs. tivemos a presentación do acto, que correu a conta de Julio Iglesias, (Alcalde de Ares), este deu paso ás conferencias impartidas por Eliseo Fernández e Enrique Barrera, (Historiadores da Memoria) que contaron a fuga, travesía, e destino dos fuxidos cando chegaron a terras galas.

Ás 17:00 hs. fíxose unha charla aberta aos asistentes, entre os que se encontraban varios familiares dos fuxidos. Posteriormente, o actor Roberto Leal (fillo dun dos fuxidos) e o músico Víctor Aneiros, deleitáronnos cunha actuación artística.

Como remate desta xornada, as 20:30 hs. inaugurouse un monumento de homenaxe á odisea do Bou Ramón, obra do escultor Miguel Couto.