“Señora de”

Premer na foto para ollar o álbum

Casí cheo na proxección de “Señora de”,da directora Patricia Ferreira ,a pelicula móstranos os testemuños de varias xeracións de mulleres ás que a historia nin sequera permitiulles soñar. O único que puideron facer foi resignarse e aceptar que naceron e creceron noutra época na que as súas voces, os seus desexos e mesmo os seus pensamentos foron silenciados.

Anuncios

Quincena da República

“A verdade nunha man pechada. Ferrol recuperando a memoria”

Presentadas hoxe no Concello,as Xornadas da Memoria en Ferrol

Organizado por;

Concello de Ferrol-A.C. Memoria Histórica Democrática-A.C. Fuco Buxán

Presentación no Concello,"Ferrol Recuperando a Memoria"

Descargar o programa cultural para toda a quincena,inclúe información da cea do  16 de abril, “O Cocido da República”

PROGRAMA

Intres da rolda de prensa

Benigna Díaz Corral,”Binucha”

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática ofrece os seus parabéns a Benigna Díaz Corral e o agradecemento á corporación municipal de Narón polo nomeamento da Muller do Ano na súa persoa

Narón, 8 de marzo de 2011, Día internacional da muller.

Memoria Histórica Democrática quere ofrecer os seus parabéns e agradecemento aos grupos municipais do Concello de Narón que votaron favorablemente o nomeamento de Benigna Díaz Corral -Binucha- coa mención de “Muller do ano de Narón”, nomeamento que fixo público hoxe o Alcalde de Narón José Manuel Blanco nun acto institucional que tivo lugar na Casa do Concello que contou coa presenza da homenaxeada, rodeada de súa familia e amigos, e acompañados polos representantes dos grupos políticos da corporación municipal, BNG, PP, PSOE e TEGA, na data en que se conmemora o 8 de marzo, Día Mundial da Muller.

Este recoñecemento especial á labor dunha muller destacada polo seu traballo en calqueira ámbito da sociedade foi adoptado pola Comisión da Muller de Narón -a proposta do BNG- no mes de febreiro. O nomeamento contou cos votos a favor dos grupos municipais do Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia e Terra Galega, e coa abstención do grupo municipal do Partido Popular.

A homenaxe parte do empeño persoal do debuxante e xornalista Siro López para acadar o público recoñecemento á labor desenvolvida pola familia de Binucha, que xunto co seu irmán Sindo participaron desde ben nenos dos esforzos dos seus pais, Rudesindo Díaz e Benigna Corral, por ofrecer apoio ás familias dos perseguidos polos golpistas do 36, e despois durante o franquismo, na súa casa no lugar de Cornido.

A familia de Siro, cuxo pai foi perseguido e preso durante a represión que se desatou despois do golpe militar do 18 de xullo de 1936, foi unha das moitas que tiveron acubillo e proteción na casa de Rudesindo e Benigna. O xornalista deixou trazada esta historia, humana e sinxela nos seus valores de fraternidade e solidariedade, desgarradora nos seus detalles, no texto “Heroes esquecidos” publicado no número 1 da serie “Retallos da Memoria”, libro publicado pola nosa asociación en 2007.

Convidámosvos a ler o texto de Siro López sobre a historia da familia de Binucha, dos seus pais Rudesindo e Benigna, e de seu irmán Sindo, no seguinte ligazón da nosa web:

Publicado en Narón. Etiquetas: . Leave a Comment »