Fotos da homenaxe a Amada García 2012

A Asociación Memoria Histórica Democrática rendeu homenaxe a todas as persoas asasinadas polo franquismo, e particularmente ás mulleres, representadas na figura da mugardesa Amada García.

Así mesmo a nosa asociación deixou constancia do seu apoio incondicional ao xuíz Baltasar Garzón no que considera un inxusto xuízo pola tentativa de investigar os crimes da ditadura franquista.

Clicar na foto para ver a galería completa

“Homenaxe Amada García 2012”

O venres, 27 de Xaneiro, ás 17:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.