Organizada polo Concello de Ares e a Asociacion Memoria Democrática, tivo lugar a homenaxe aos republicanos fuxidos o 21 de xullo de 1939 a Francia no Vapor «Bou Ramón».
Ás 11:00 hs. tivemos a presentación do acto, que correu a conta de Julio Iglesias, (Alcalde de Ares), este deu paso ás conferencias impartidas por Eliseo Fernández e Enrique Barrera, (Historiadores da Memoria) que contaron a fuga, travesía, e destino dos fuxidos cando chegaron a terras galas.
Ás 17:00 hs. fíxose unha charla aberta aos asistentes, entre os que se encontraban varios familiares dos fuxidos. Posteriormente, o actor Roberto Leal (fillo dun dos fuxidos) e o músico Víctor Aneiros, deleitáronnos cunha actuación artística.
Como remate desta xornada, as 20:30 hs. inaugurouse un monumento de homenaxe á odisea do Bou Ramón, obra do escultor Miguel Couto.
11/01/2015 a las 23:08
Grazas pola información,estamos convosco aínda que sexa na distancia.
Date: Sun, 11 Jan 2015 17:26:14 +0000 To: quetamolas@hotmail.es
27/11/2018 a las 05:26
[…] Fuente: Memoria Histórica Democrática […]