Manifestación en apoio o xuiz Garzón

A Memoria Histórica Democrática,AVV de Esteiro, Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG,Asociación Veciñal O Prioriño, BNG e Ospaal, reunimonos onte en autoconvocatoria no local social da AVV de Esteiro, para falar sobre os actos que se celebrarán en todo o Estado o próximo día 24 en apoio o xuiz Garzón e concretar o que vai ter lugar en Ferrol.

Acordouse convocar unha concentración na praza de Armas para ese día, ás doce do mediodía, baixo o lema

“Verdade, xustiza, reparación”

Enrique Barrera,membro de Memoria Histórica e Democrática e de Fuco Buxán,explicou que non se trata dunha reunión de “garzonistas”, nin é necesario ter unha opinión positiva do xuiz para mostrarlle o noso apoio polo acoso que está sufrindo, que calificou dunha “auténtica aberración”.

Deja un comentario