A Coruña: Inauguración do Memorial ás vitimas da represión franquista “Xérmolos de paz e liberdade” do escultor “Valdi”

Memoria Histórica Coruña

Organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, inauguración do Memorial ás vitimas da represión franquista “Xérmolos de paz e liberdade” do escultor “Valdi”

Na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester)

Nesta inauguración procederemos a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, coa participación de distintas entidades, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc.

Intervencións de familiares das vítimas.

Actuacións musicais de Xosé Taboada, César Morán; Polifónica Coruñesa Canticorum.

XANTAR DE IRMANDADE. Despois da inauguración do Memorial, ás 14,30 horas, teremos no hotel Meliá María Pita, na praia do Matadoiro, un xantar de irmandade cos familiares das vítimas do franquismo. As persoas interesadas en participar deben facer o ingreso de 20 euros na conta: 2096 0489 11 3275331004 antes do 16 de decembro, ou chamando ao teléfono: 645029338.

Informamos tamén doutras actividades da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, esperando contar coa túa presenza:

Mércores, 15 de decembro de 2010, ás 20 horas
no salón de actos da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande da Coruña)
PRESENTACIÓN DO LIBRO:
“A HISTORIA SECUESTRADA POLO FRANQUISMO”,
Coa participación do autor, Manuel Monge, de Francisco Pillado, pola editorial Laiovento, e do escritor Manuel Rivas.

Martes, 21 de decembro de 2010, ás 20 horas
no teatro Rosalía de Castro da Coruña
Homenaxe ás familias das vítimas do franquismo.
Recital poético. Actuacións musicais: A Quenlla; Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos.
Presentación do acto: Xurxo Souto, Isabel Risco.

Anuncios
Publicado en Coruña. Etiquetas: . 1 Comment »

Una respuesta to “A Coruña: Inauguración do Memorial ás vitimas da represión franquista “Xérmolos de paz e liberdade” do escultor “Valdi””

  1. A Coruña: Inauguración do Memorial ás vitimas da represión franquista “Xérmolos de paz e liberdade” Says:

    […] A Coruña: Inauguración do Memorial ás vitimas da represión franquista “Xérmolos de paz e libe… memoriahistoricademocratica.wordpress.com/2010/12/07/a-corun…  por raxozorza hai 3 segundos […]


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: