Campo de concentración de Cedeira

O 15 de setembro de 2010 tivemos unha xuntanza co alcalde de Cedeira José Luis Vergara, en representación de Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán como asociacións co-organizadoras, para detallar o plan de traballo dos actos conmemorativos que se celebrarán o vindeiro 30 de outubro na Praza da Constitución da vila e no que se lle renderá homenaxe aos máis de 380 presos que estiveron detidos en condicións infrahumanas no campo de concentración ubicado fronte á praia desta localidade durante a guerra civil.

A meirande parte das persoas encarceradas no campo proviñan de Asturias, por este motivo o propio presidente do Principado Vicente Álvarez Areces comprometeu a súa asistencia a este acto de reparación, nunha reunión mantida con membros do comité organizador na sede do Goberno asturiano o pasado mes de abril, e a colaboración institucional do seu executivo.

Agárdase que ao acto acudan desde esta comunidade autónoma centos de familiares de represaliados e asociacións. O Concello de Cedeira celebrará paralelamente un acto de recordo e homenaxe aos membros da corporación municipal republicana da vila, que sufriu a represión e morte por parte dos sublevados contra a orde constitucional.

Desde o comité organizador invitan a familiares e achegados a se pór en contacto para participar no desenvolvemento do evento nos teléfonos 635 470 038 ou 660 571 291.

Anuncios
Publicado en Actos, Cedeira. Etiquetas: , , . Leave a Comment »

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: