O Concello edita unha unidade didáctica sobre a Guerra Civil en Ferrol e comarca

M.F.G. > FE RROL

Coñecer o pasado para non repetilo. Ese é o obxectivo da unidade didáctica promovida polo Concello ferrolán sobre a Guerra Civil, destinada a que os alumnos de Secundaria e Bacharelato de Ferrol e comarca coñezan como se desenvolveu o golpe de Estado na cidade e a posterior represión que se levou a cabo por parte dos sublevados.

O autor da unidade, o profesor Xosé Manuel Suárez, asegurou que este traballo trata de recuperar os feitos que se agochan baixo “a alfombra da historia oficial” e achegar os escolares a feitos que aconteceron no seu contorno. Así, analízanse as causas do golpe de Estado de 1936, como se desenvolveu en Ferrol e cales foron as vítimas e os escenarios da represión franquista na comarca.

Suárez reivindicou a necesidade de dar a coñecer estes feitos ós estudantes, cando aínda hoxe existe historiografía franquista que continúa a xustificar a guerra civil por supostas insureccións socialistas, “botando a culpa ás propias vítimas”.

A unidade didáctica comeza cunha introdución ó escenario histórico no que se produce o levantamento militar e a resistencia que atopa na cidade, protagonizada por obreiros e mariñeiros. Suárez subliñou que foi pouca pero “heroica”, xa que a poboación non tiña armas. “Cando acudiron ó Arsenal foron recibidos a disparos, houbo máis de 100 persoas feridas e 33 falecidos nos primeiros días”, indicou. O Arsenal sería tamén escenario da loita definitiva entre os oficiais dos navíos e a mariñeiría, que chegaron a tomar algúns buques pero finalmente tiveron que renderse.

Unha vez que triunfa o alzamento, a unidade pasa a estudar a represión posterior, que Suárez describiu como “un proceso sistemático e planificado”. Así, faise unha análise sociolóxica das vítimas e percórrese os principais escenarios de fusilamentos e paseos, dende a Punta Martelo no Arsenal militar ata o castelo de San Felipe e o cemiterio de Canido.

O profesor subliñou a importancia que tivo Ferrol como centro da represión franquista en Galicia. Na cidade naval, lembrou, rexistráronse máis da metade das execucións en toda a provincia. En total, nos tres anos seguintes ó alzamento do 18 de xullo o número de mortos en Ferrol e comarca superou as 700 persoas.

Ademais, continuou, aquí foron fusilados os principais xefes militares que se opuxeran á sublevación. Foi o caso do xefe do Arsenal, o contralmirante Azarola, e os xenerais Caridad Pita e Salcedo, este último xefe da VIII División Militar da Coruña, que se negara a declarar o estado de guerra.

O material didáctico inclúe unha relación das primeiras cen vítimas da represión, das que se especifica a profesión, o lugar de procedencia e a ideoloxía, de maneira que os alumnos podan coñecer os grupos sociais e as zonas que máis sufriron a persecución franquista. Tamén figura o testemuño dun encarcerado en 1936 na prisión da Escollera do Arsenal, o fillo de Fernando Carballo, presidente da Fronte Popular en Ferrol e funcionario do Concello. No seu relato narra o asalto ó Consistorio e o seu posterior encadeamento.

A edil de Educación, Mercedes Carbajales, indicou que a unidade se distribuirá entre todas as bibliotecas dos centros educativos da cidade e nos da comarca, así como entre entidades sociais, culturais e de mulleres. Tamén será posible consultala na web municipal.

Anuncios
Publicado en Actos, Ferrol. Etiquetas: , . 1 Comment »

Una respuesta to “O Concello edita unha unidade didáctica sobre a Guerra Civil en Ferrol e comarca”

  1. xose cheda Says:

    Bo día Suarez. podes ver as fotos da homenaxe no seguinte enderezo:
    http://festascedeira.lacoctelera.net/

    Un saúdo


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: