Intervención da Asociación Memoria Histórica Democrática no pleno do concello de Ferrol

Ante a moción de apoio ao Xuiz Garzón, presentada por EU, a asociación Memoria Histórica Democrática pide intervir no pleno do día 25 para solicitar a aprobación de dita moción.

De seguido amosamos o comunicado integro leido diante do pleno deste concello.

APOIO AO XUIZ GARZÓN

A causa contra o xuíz Garzón abriuse a instancias de asociacións herdeiras ideolóxicas do franquismo cun amplo historial delictivo nalgún caso, con participación activa na represión durante e despois da Guerra Civil, sendo responsables de miles de asasinatos.

A causa contra Garzón ábrese contra a posición do Ministerio Fiscal, garante público da xustiza e da legalidade e ábrese para afastar da carreira xudicial ao único xuíz deste país que, a instancias de familiares de desaparecidos durante a represión franquista, tratou de artellar unha resposta penal axeitada ás devanditas demandas, esquecidas durante décadas, na percura de acadar a máis completa reparación das mesmas, incluindo a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos e -por suposto- elabourando un demoledor auto no que explica documentadamente a magnitude dos crimes contra a Humanidade cometidos pola ditadura e os seus colabouradores.

Para a asociación Memoria Histórica Democrática é un desprestixio internacional para o Estado de Dereito de España, que sexan os herdeiros do franquismo os que senten no banco dos acusados a Baltasar Garzón, e que o Poder Xudicial impida a este maxistrado da Audiencia Nacional que poida investigar os crimes do réxime franquista, deixando ás súas vítimas novamente desamparadas.

O franquismo continúa enquistado en determinados sectores da sociedade española e, a pesar dos 30 anos de democracia xa transcorridos, continúa gozando de impunidade no ámbito xudicial. Lembremos que en Europa xamais foi perseguido e xulgado un xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou a Italia fascista. A maiores, neste acoso contra o xuiz Garzón, engádense intereses que desexan paralizar a loita xudicial contra tramas de corrupción.

Por todo iso, pedimos a corporación local de Ferrol, que aprobe a moción de Apoio ao Xuiz Garzón, presentada polo Grupo Municipal de EU.

Anuncios
Publicado en Ferrol. Etiquetas: . 2 Comments »

2 comentarios to “Intervención da Asociación Memoria Histórica Democrática no pleno do concello de Ferrol”

  1. susana alaniz Says:

    a que hora es el plenario?me gustaria ir

  2. A.F.E.C.O. Says:

    Ahora mas que nunca necesitamos el millon de firmas en apoyo y solidaridad con el juez garzon.
    http://www.afeco.org/index.php/noticias/494-el-juez-varela-sentara-a-garzon-en-el-banquillo-por-el-franquismo


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: