Comunicado de apoio ao xuiz Garzón

A asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, na súa xuntanza do xoves 4 de xuño de 2009, acordou facer público o seu apoio ao xuiz Baltasar Garzón, acusado pola organización ultradereitista “Manos limpias” cunha denuncia que foi sorprendentemente admitida a trámite. Xulgan ao xuiz Garzón por querer impartir xustiza e non xulgan aos que seguen a defender a dictadura.

Consideramos lamentable que a xustiza española poña continuas trabas a satisfacer as lexítimas demandas dos familiares das vítimas da represión e pola contra actua con gran celeridade contra un xuiz que amosou a súa decisión de condenar ao franquismo. Lembramos que é fácil atopar nos medios informativos nestes días a numerosas persoas que exercendo a liberdade de espresión, non dubidan en negar o carácter antidemocrático da ditadura, coa convicción de que non terán que dar conta destas opinións ante os tribunais de xustiza,  e mesmo fan grandes loubanzas da dictadura, vertendo comentarios despectivos contra os españoles asasinados e os seus familiares, sen que teñan a protección do poder xudicial contra estas agresións.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: