A Asociación Memoria Histórica Democrática ven de quitar a luz o listado de represaliados de Ferrolterra.
A Base de datos da represión en Ferrolterra é un instrumento de traballo, desenvolvido ao longo dos últimos 10 anos por Manuel A. Fernández Pita mediante o cruzamento de información pública procedente dos arquivos militares, da bibliografía impresa e da documentación dos investigadores e grupos de investigación especializados na represión franquista (nomeadamente as listaxes e datos facilitados por E. Barrera, E. Fernández, B. Maiz, M. Santalla e X. M. Suárez, entre outros), así como testemuñas persoais recabadas polo autor.
ir á base de datos da asociación
páxina da Asociación http://memoriahistoricademocratica.org/
Deja un comentario