“O Segredo dá Frouxeira”

O segredo da Frouxeira

Mañan xoves 3 de decembro, ás 19,30, no Teatro Jofre, terá lugar a estrea do documental “O Segredo dá Frouxeira” centrado no asasinato, en 1938, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él por habelo protexido.

Coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación FucoBuxan, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións.

Leer artigo da Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/12/02/0003_8144624.htm

Nace a base de datos da represión en Ferrolterra

A Asociación Memoria Histórica Democrática ven de quitar a luz o listado de represaliados de Ferrolterra.

A Base de datos da represión en Ferrolterra é un instrumento de traballo, desenvolvido ao longo dos últimos 10 anos por Manuel A. Fernández Pita mediante o cruzamento de información pública procedente dos arquivos militares, da bibliografía impresa e da documentación dos investigadores e grupos de investigación especializados na represión franquista (nomeadamente as listaxes e datos facilitados por E. Barrera, E. Fernández, B. Maiz, M. Santalla e X. M. Suárez, entre outros), así como testemuñas persoais recabadas polo autor.

ir á base de datos da asociación

páxina da Asociación http://memoriahistoricademocratica.org/

fosa comun en serantes(ferrol)

fosa comun en serantes(ferrol)