Charla en San Valentín

Conferencia; Os presos de Ferrolterra en Mauthausen

Mañá, xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, no Café Teatro do Auditorio de Narón, terá lugar unha conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio tratará o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Para realizar esta investigación, que xa dura case dous anos, Enrique Barrera botou man dos arquivos de Mauthausen, nos que os nazis apuntaban o lugar e data de nacemento de cada recluso, e lles asignaban un número de identificación. Tamén escudriñou rexistros municipais e realizado un amplo labor de campo, con entrevistas aos descendentes vivos. Algúns descoñecían que os seus parentes había estado en campos de exterminio, outros seguen vivindo en Francia.

Hoxe publican un artigo no xornal La Voz de Galicia, non puden por ligazón pois non sae publicada na edición web.

Muere el último gallego de Mauthausen

De Ferrol a Mauthausen

Mesas redondas na quincena da república

Mesa redonda -A recuperación da memoria en Ferrol

Mesa redonda “A recuperación da memoria en Ferrol”

Nela participaron,Enrique Barrera. Profesor, Investigador da historia de Ferrol durante a II República, a ditadura e a transición. Eliseo Fernández. Investigador especializado na historia do movemento obreiro e do anarquismo en Galicia e Ferrol. Bernardo Maíz. Doutor en Historia Contemporánea, Catedrático de Ensino Medio. Investigador da historia de Galicia e Ferrol durante a República e a Ditadura. Manuela Santalla. Profesora, Doutora en Xeografia e Historia. Investigadora da historia de distintos movementos sociais de Ferrol no S.XX. Xosé Manuel Suárez. Mestre, Doutor en Xeografía e Historia. Investigador da historia de Ferrol durante a guerra civil e a ditadura.

Moderou: Guillermo Llorca, Profesor e historiador.

 

Mesa redonda: “Memoria e Democracia”

Mesa redonda: “Memoria e Democracia”

Nela participaron,José Antonio Martín Pallín. Maxistrado emérito do Tribunal Supremo. Colaborador de Amnistía Internacional e da Comisión Internacional de Xuristas en misións de investigación sobre dereitos humanos en Latinoamérica e Palestina. Premio Nacional de Dereitos Humanos en 2006. Carlos Teijo García. Profesor de Derecho Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Doutor en Ciencias Políticas e Dereito. Susana Alaniz, uruguaia afincada en Ferrol, colabora coas asociacións Nais e Familiares de Presos Políticos e con Nais e Familiares de Detidos e Desaparecidos, ambas de Uruguai. Moderadora: Carmen Fernández Casanova, Catedrática de Historia Contemporánea da UDC.

 

Mesa redonda: “O contexto actual no proceso de recuperación da memoria"

Mesa redonda: “O contexto actual no proceso de recuperación da memoria”

Nela participaron,Carlos Agüero. Investigador en filosofía, Coordinador da Oficina Non Gubernamental de Atención a Vítimas da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (A.R.M.H). Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Dirixe o Proxecto de investigación “Nomes e Voces”, e é o investigador principal en varios proxectos que teñen como temática o franquismo no ámbito galego, estatal e internacional. Xosé Lois Vilar. Historiador e arqueólogo, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.
Moderou: Virxinia Salvo, xornalista

 

 

 

 

 

Mesa redonda “Muller e memoria”

Mesa redonda baixo o título “Muller e memoria”.

Nela participaron Aurora Marco, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da USC; Mary Nash, catedrática de Historia Contemporánea na Universidad de Barcelona e presidenta e fundadora da Asociación Española de Investigación en Historia de Mulleres, e María Jesús Souto, doutora en Historia Contemporánea na USC e especializada na estudo da represión franquista.

Moderarou: Sari Alabau, concelleira de EU.


“Señora de”

Premer na foto para ollar o álbum

Casí cheo na proxección de “Señora de”,da directora Patricia Ferreira ,a pelicula móstranos os testemuños de varias xeracións de mulleres ás que a historia nin sequera permitiulles soñar. O único que puideron facer foi resignarse e aceptar que naceron e creceron noutra época na que as súas voces, os seus desexos e mesmo os seus pensamentos foron silenciados.

Quincena da República

“A verdade nunha man pechada. Ferrol recuperando a memoria”

Presentadas hoxe no Concello,as Xornadas da Memoria en Ferrol

Organizado por;

Concello de Ferrol-A.C. Memoria Histórica Democrática-A.C. Fuco Buxán

Presentación no Concello,"Ferrol Recuperando a Memoria"

Descargar o programa cultural para toda a quincena,inclúe información da cea do  16 de abril, “O Cocido da República”

PROGRAMA

Intres da rolda de prensa

Conferencia: “Galegos en Portugal durante a guerra civil e a posguerra”

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 19.30 horas na galería Sargadelos de Ferrol

Ángel Rodríguez Gallardo é Doutor en Filologia Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Profesor Convidado na Faculdade de Humanidades da Universidade Nacional da Patagonia (Argentina) e Investigador Post-doutoral no Centro de Estudos de Etnologia Portuguesa da Faculdade de Ciências Sociais da Universidade Nova de Lisboa e no Centro de Linguística da Universidade de Lisboa. É profesor contratado Doutor na Universidade de Vigo e investigador do Centro de Estudos Interdisciplinares Século XX da Universidade de Coimbra. As suas investigacións céntranse en historia social do franquismo, movimentos migratorios, historia oral, memoria histórica, escritura epistolar e análise do discurso. Ten publicado Letras armadas (2005), O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (2006), Memoria e Silencio na Galiza contemporânea (2008) e La escritura femenina en reclusión (2009).

Suspendida a conferencia de Fernando Rosas

Por motivos persoais de Fernando Rosas, dos que a Asociación Memoria Histórica Democrática é totalmente allea, sentimos suspender a conferencia co titulo «Salazarismo e Franquismo: da época dos fascismos à crise final. Uma leitura comparada»,que tiñamos pensado facer o próximo día 5.

Na maior brevidade posible trataremos de telo en Ferrol para a anunciada conferencia.

Sen máis, pedimos desculpas polas molestias que pudemos ter ocasionado.

Conferencia de Fernando Rosas

O sábado 5 de xuño ás 19.00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol

O historiador portugués Fernando Rosas impartirá a conferencia baixo o título «Salazarismo e Franquismo: da época dos fascismos à crise final. Uma leitura comparada». O profesor Rosas é experto no denominado Estado Novo, rexime ditatorial no que viviu Portugal entre 1933 e 1974.

Acto organizado e presentado pola asociación Memoria Histórica Democrática

Fernando Mendes Rosas é político, periodista e historiador portugués, dirixente do “Bloco de Esquerda”

Para ollar curriculun premer aquí

“La memoria de la tierra”

Hoxe ás 6 da tarde,nunha rolda de prensa,quedaba inaugurada a exposición fotográfica “La memoria de la tierra” ,do foto-periodista e colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso,(presentada por Santiago Macías Vpte da A.R.M.H)

Dita exposición permanecerá aberta o público do 12 o 24 de abril 2010.(A entrada e de valde)

Ás 8 da tarde,Santiago Macías ofreceueu unha conferencia – Coloquio “OLVIDAR EL OLVIDO”

EXPOSICIÓN “LA MEMORIA DE LA TIERRA”

“PODER JUDICIAL: EL CASO GARZÓN”

Cristina Almeida

A  A.C. Fuco Buxán,dentro do ciclo de conferencias

“Democracia e Compromiso”

Traenos a Ferrol a CRISTINA ALMEIDA,na conferencia baixo o titulo;

“PODER JUDICIAL: EL CASO GARZÓN”

Mañá Xoves 18 de Marzo 2010, ás 20.00 h

no Salón de Actos do Vicerreitorado do Campus de Esteiro – Ferrol

Presenta: Manuel A. Rodríguez Carballeira (Presidente da A.C. Fuco Buxán)

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.