Celebrada no Café Teatro do Auditorio de Narón, a conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio abordou o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.
Celebrada no Café Teatro do Auditorio de Narón, a conferencia do Historiador e membro da nosa Asociación, Enrique Barrera, esta charla-coloquio abordou o tema dos represaliados de ferrolterra no campo de concentración nazi de Mathausen.

Mañá, xoves 19 de abril, ás 17.30 h, terá lugar a “Homenaxe no cemiterio de San Mateo, aos mariñeiros do vapor Mar Cantábrico” asasinados polos franquistas e enterrados na foxa común do camposanto.
En 1937 o cruceiro Canarias, xa en mans franquistas, interceptou fronte á costa de Santander ao buque mercante Mar Cantábrico, con 60 persoas a bordo e un importante cargamento de víveres, armas e municións, máis varios avións desmontados, para os exércitos republicanos. Trasladado a Ferrol, a metade da tripulación foi fusilada. A historia deste tráxico suceso aparece no libro Armas para a República, obra do historiador Xosé Manuel Suárez (Ed. Embora)
No cemiterio de San Mateo repousan os españois do buque fusilados na Punta do Martelo, o extremo da dársena do Arsenal Militar de Ferrol.
Organiza “Asociación Memoria Histórica Democrática”
En nome d@s compañeir@s que formamos a Memoria Histórica Democrática, moitas grazas a tod@s pola vosa asistencia.
Enrique Barrera, transmitiu en nome da nosa asociación o desexo de pronta melloría do Rei Juan Carlos, tras o accidente que tivo mentres estaba de cazaría de elefantes en Botsuana.
Tamén queremos congratularnos co gran “traballo” que están a facer os consortes das infantas, en pro da restauración da República.
Parabéns e a nosa gratitude a Cándido Pazo, encargado de amenizar a velada. Que soubo reflectir con humor o terror vivido nos anos de ditadura Franquista.
Queremos aclarar que os animais que acompañaron a Cándido Pazo na súa estupenda actuación non eran de Botsuana, a nosa asociación está en contra da caza de animais protexidos e en perigo de extinción.
Garantimos que ningún animal dos que participaron sufriu danos nin maltrato físico ou psicolóxico .
Listado dos prisioneiros do campo de concentración de Cedeira
Transcripción realizada por Enrique Barrera do Padrón municipal rectificado do ano 1937.
O vindeiro sábado 14 de Abril, ás 21:30, no restaurante Jussepe, (Antiga “Casa Juanito”), A Gandara, celebraremos con tod@s @s que decidades acompañarnos ese día a CEA DA REPÚBLICA
Contaremos coa presenza do famoso cómico galego Cándido Pazó, que nos amenizará a velada cun monólogo humorístico.
O prezo da cea é de 25 €
Para reservas poñerse en contacto no correo
memoriahistoricademocratica@gmail.com
Ou no telf 637 567 497
A Asociación Memoria Histórica Democrática rendeu homenaxe a todas as persoas asasinadas polo franquismo, e particularmente ás mulleres, representadas na figura da mugardesa Amada García.
Así mesmo a nosa asociación deixou constancia do seu apoio incondicional ao xuíz Baltasar Garzón no que considera un inxusto xuízo pola tentativa de investigar os crimes da ditadura franquista.