Mañá “O segredo dá Frouxeira” no Pazo da Cultura de Narón

Mañá, mércores 25 de Abril, ás 20,00 h. terá lugar no Pazo de Cultura de Narón, da proxección do documental do Director Xosé Abad, “O segredo dá Frouxeira”, ao remate realizaremos unha charla-coloquio sobre o mesmo.

(A entrada é de balde)

Benigna Díaz Corral,”Binucha”

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática ofrece os seus parabéns a Benigna Díaz Corral e o agradecemento á corporación municipal de Narón polo nomeamento da Muller do Ano na súa persoa

Narón, 8 de marzo de 2011, Día internacional da muller.

Memoria Histórica Democrática quere ofrecer os seus parabéns e agradecemento aos grupos municipais do Concello de Narón que votaron favorablemente o nomeamento de Benigna Díaz Corral -Binucha- coa mención de “Muller do ano de Narón”, nomeamento que fixo público hoxe o Alcalde de Narón José Manuel Blanco nun acto institucional que tivo lugar na Casa do Concello que contou coa presenza da homenaxeada, rodeada de súa familia e amigos, e acompañados polos representantes dos grupos políticos da corporación municipal, BNG, PP, PSOE e TEGA, na data en que se conmemora o 8 de marzo, Día Mundial da Muller.

Este recoñecemento especial á labor dunha muller destacada polo seu traballo en calqueira ámbito da sociedade foi adoptado pola Comisión da Muller de Narón -a proposta do BNG- no mes de febreiro. O nomeamento contou cos votos a favor dos grupos municipais do Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia e Terra Galega, e coa abstención do grupo municipal do Partido Popular.

A homenaxe parte do empeño persoal do debuxante e xornalista Siro López para acadar o público recoñecemento á labor desenvolvida pola familia de Binucha, que xunto co seu irmán Sindo participaron desde ben nenos dos esforzos dos seus pais, Rudesindo Díaz e Benigna Corral, por ofrecer apoio ás familias dos perseguidos polos golpistas do 36, e despois durante o franquismo, na súa casa no lugar de Cornido.

A familia de Siro, cuxo pai foi perseguido e preso durante a represión que se desatou despois do golpe militar do 18 de xullo de 1936, foi unha das moitas que tiveron acubillo e proteción na casa de Rudesindo e Benigna. O xornalista deixou trazada esta historia, humana e sinxela nos seus valores de fraternidade e solidariedade, desgarradora nos seus detalles, no texto “Heroes esquecidos” publicado no número 1 da serie “Retallos da Memoria”, libro publicado pola nosa asociación en 2007.

Convidámosvos a ler o texto de Siro López sobre a historia da familia de Binucha, dos seus pais Rudesindo e Benigna, e de seu irmán Sindo, no seguinte ligazón da nosa web:

Escrito en Narón. Etiquetas: . Deja un Comentario »

Moción presentada no concello de Narón

Narón foi un dos concellos galegos que máis sufriu a represión das autoridades franquistas, estando documentada a lista dos veciños e veciñas que foron asasinados e represaliados e que, salvo excepcións, permanecen na invisibilidade social e institucional.

Moción presentada no concello de Narón

Escrito en Narón. Etiquetas: . 1 comentario
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.