O vindeiro domingo, 27 de Xaneiro, ás 12:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.
Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.
Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.
Un abrazo e saúde
Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodrigues Lopes, Jaime Gonçales Peres, de Ares; e Germán Lopes García, de Cabanas.
Onte dimos comenzo a dobre xornada de actos en homenaxe dos “Ferrolterráns no Campo de Concentración de Mauthansen”.
A xornada daba comenzo ás 19:00 h. na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” sobre o Campo de Concentración Nazi, logo proxectouse a documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (Feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey).
A continuación (20:00 h) partimos cara ao Parque Rosalía de Castro, no que inauguramos o monumento ”Homenaxe aos nosos veciños en Mauthansen”. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.
Ambos actos estiveron cargados de emotividade debido a presenza de familiares de presos. Ao acto asistiron os Alcaldes de Ferrol e Fene (do grupo Popular), aparte de Julio Iglesias, Alcalde de do Concello de Ares (polo PSOE), a quen correspondeu acompañado de Ana María Sánchez Alcubierre, representante en Galicia da “Asociación Amicale de Mauthansen” de descubrir a Placa conmemorativa.
Como era de agardar a sala de exposicións quedouse pequena para acoller a tanta xente, un fallo non imputable a ninguén, neste senso aclarar co Alcalde de Ares puxo ao noso dispor toda a infraestrutura e loxística coa que conta actualmente o Concello.
Hoxe, venres, 27 de xullo, ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.
Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.
Premendo nas fotos poderedes ollar a galería de imaxes correspondente
Vídeo“Galegos en Mauthansen” de Xosé Abad e Sandra García Rey.
O próximo venres, 4 de febreiro, ás 18 hs,nas proximidades de Capitanía Xeneral, o Concello de Ferrol,nomeará un espazo público como CONTRALMIRANTE AZAROLA GRESILLÓN
Dando cumplimento ao acordo Plenario do 26.03.2009, no que se aprobou a moción de EU que o solicitaba, e a que se sumaron as Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán.
Antonio Azarola Gresillón, Contraalmirante Xefe do Arsenal, foi fusilado en Ferrol o 4 de agosto de 1936, por non secundar o golpe militar e manter a súa lealdade ao Goberno da República. O seu prestixio profesional, a súa calidade humana e a súa disposición ao entendemento coas autoridades civís e os servizos prestados á clase traballadora de Ferrol, desde o seu cargo no Arsenal e desde o Ministerio de Mariña, creando o Plan de Escuadra, que freou os despedimentos previstos nos asteleiros, así como o seu sacrificio en defensa da legalidade, fanlle acredor desta lembranza.
A Asociación, Memoria Historica Democratica,convida a toda a cidadanía a participar nesta homenaxe.
Coñecer o pasado para non repetilo. Ese é o obxectivo da unidade didáctica promovida polo Concello ferrolán sobre a Guerra Civil, destinada a que os alumnos de Secundaria e Bacharelato de Ferrol e comarca coñezan como se desenvolveu o golpe de Estado na cidade e a posterior represión que se levou a cabo por parte dos sublevados.
O autor da unidade, o profesor Xosé Manuel Suárez, asegurou que este traballo trata de recuperar os feitos que se agochan baixo “a alfombra da historia oficial” e achegar os escolares a feitos que aconteceron no seu contorno. Así, analízanse as causas do golpe de Estado de 1936, como se desenvolveu en Ferrol e cales foron as vítimas e os escenarios da represión franquista na comarca.
Suárez reivindicou a necesidade de dar a coñecer estes feitos ós estudantes, cando aínda hoxe existe historiografía franquista que continúa a xustificar a guerra civil por supostas insureccións socialistas, “botando a culpa ás propias vítimas”.
A unidade didáctica comeza cunha introdución ó escenario histórico no que se produce o levantamento militar e a resistencia que atopa na cidade, protagonizada por obreiros e mariñeiros. Suárez subliñou que foi pouca pero “heroica”, xa que a poboación non tiña armas. “Cando acudiron ó Arsenal foron recibidos a disparos, houbo máis de 100 persoas feridas e 33 falecidos nos primeiros días”, indicou. O Arsenal sería tamén escenario da loita definitiva entre os oficiais dos navíos e a mariñeiría, que chegaron a tomar algúns buques pero finalmente tiveron que renderse.
Unha vez que triunfa o alzamento, a unidade pasa a estudar a represión posterior, que Suárez describiu como “un proceso sistemático e planificado”. Así, faise unha análise sociolóxica das vítimas e percórrese os principais escenarios de fusilamentos e paseos, dende a Punta Martelo no Arsenal militar ata o castelo de San Felipe e o cemiterio de Canido.
O profesor subliñou a importancia que tivo Ferrol como centro da represión franquista en Galicia. Na cidade naval, lembrou, rexistráronse máis da metade das execucións en toda a provincia. En total, nos tres anos seguintes ó alzamento do 18 de xullo o número de mortos en Ferrol e comarca superou as 700 persoas.
Ademais, continuou, aquí foron fusilados os principais xefes militares que se opuxeran á sublevación. Foi o caso do xefe do Arsenal, o contralmirante Azarola, e os xenerais Caridad Pita e Salcedo, este último xefe da VIII División Militar da Coruña, que se negara a declarar o estado de guerra.
O material didáctico inclúe unha relación das primeiras cen vítimas da represión, das que se especifica a profesión, o lugar de procedencia e a ideoloxía, de maneira que os alumnos podan coñecer os grupos sociais e as zonas que máis sufriron a persecución franquista. Tamén figura o testemuño dun encarcerado en 1936 na prisión da Escollera do Arsenal, o fillo de Fernando Carballo, presidente da Fronte Popular en Ferrol e funcionario do Concello. No seu relato narra o asalto ó Consistorio e o seu posterior encadeamento.
A edil de Educación, Mercedes Carbajales, indicou que a unidade se distribuirá entre todas as bibliotecas dos centros educativos da cidade e nos da comarca, así como entre entidades sociais, culturais e de mulleres. Tamén será posible consultala na web municipal.
Ante a moción de apoio ao Xuiz Garzón, presentada por EU, a asociación Memoria Histórica Democrática pide intervir no pleno do día 25 para solicitar a aprobación de dita moción.
De seguido amosamos o comunicado integro leido diante do pleno deste concello.
APOIO AO XUIZ GARZÓN
A causa contra o xuíz Garzón abriuse a instancias de asociacións herdeiras ideolóxicas do franquismo cun amplo historial delictivo nalgún caso, con participación activa na represión durante e despois da Guerra Civil, sendo responsables de miles de asasinatos.
A causa contra Garzón ábrese contra a posición do Ministerio Fiscal, garante público da xustiza e da legalidade e ábrese para afastar da carreira xudicial ao único xuíz deste país que, a instancias de familiares de desaparecidos durante a represión franquista, tratou de artellar unha resposta penal axeitada ás devanditas demandas, esquecidas durante décadas, na percura de acadar a máis completa reparación das mesmas, incluindo a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos e -por suposto- elabourando un demoledor auto no que explica documentadamente a magnitude dos crimes contra a Humanidade cometidos pola ditadura e os seus colabouradores.
Para a asociación Memoria Histórica Democrática é un desprestixio internacional para o Estado de Dereito de España, que sexan os herdeiros do franquismo os que senten no banco dos acusados a Baltasar Garzón, e que o Poder Xudicial impida a este maxistrado da Audiencia Nacional que poida investigar os crimes do réxime franquista, deixando ás súas vítimas novamente desamparadas.
O franquismo continúa enquistado en determinados sectores da sociedade española e, a pesar dos 30 anos de democracia xa transcorridos, continúa gozando de impunidade no ámbito xudicial. Lembremos que en Europa xamais foi perseguido e xulgado un xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou a Italia fascista. A maiores, neste acoso contra o xuiz Garzón, engádense intereses que desexan paralizar a loita xudicial contra tramas de corrupción.
Por todo iso, pedimos a corporación local de Ferrol, que aprobe a moción de Apoio ao Xuiz Garzón, presentada polo Grupo Municipal de EU.